HomePolíticaSandra Macía estréase como voceira do PP de Ribas de Sil

Sandra Macía estréase como voceira do PP de Ribas de Sil

Emilio Fernández tamén tomou posesión como concelleiro. Avanzan que o seu obxectivo é “unha oposición construtiva e útil aos veciños”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sandra Macía estreouse como voceira do PP de Ribas de Sil no último Pleno que celebrou a Corporación municipal. Macía pediu a mellora de importantes accesos e das traídas de auga do municipio. “Dende o Partido Popular trouxemos estes asuntos ao Pleno porque algúns destes camiños que dependen do Concello son un risco para os veciños. Trátase de evitar un mal maior. Así llo trasladamos ao rexedor, agardando que tome nota da nosa petición”, apunta a nova voceira.

Os populares solicitaron a limpeza do camiño real en Figueiredo, que leva un mes cortado por un derrubamento impedindo o acceso a Olivares, ademais do de Villardomato. Este presenta, din, “un claro risco de fundimento”. “Pedimos que se valoren ambas as dúas necesidades e se leven a cabo as xestións e os traballos pertinentes”, remarca.

No transcurso da sesión, a nova voceira afeou ao rexedor socialista que os Orzamentos se teñan que aprobar case en maio “porque o Concello imcumpre os seus propios acordos de celebrar os Plenos cada dous meses. Dende decembro non se convocou ningún”.

Xunto a Sandra Macía tamén tomou posesión como edil Emilio Fernández. “Faremos unha oposición construtiva e útil aos veciños. Temos ilusión, gañas de traballar e ser a alternativa ao desgoberno que temos”, afirmou, ao tempo que tivo palabras de agradecemento para o voceiro anterior.

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...