HomePolíticaO PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus "caprichos persoais"...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

O PSOE presentaba sendas mocións en ambas institucións esixindo a ambos voceiros que pedisen desculpas públicas por, segundo José Tomé e o PSOE, “mentir e manipular” coa marcha do CRAEGA de Monforte. Esta medida levou ao PP a convocar unha rolda de prensa sobre o tema.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o alcalde de Monforte e presidente da Deputación “tenta buscar escusas consciente de que é o único responsable por mor dos seus caprichos persoais, da marcha do CRAEGA. É a primeira vez que nos temos que desculpar por traballar a favor dos veciños porque ao alcalde lle parece mal”, subliña o portavoz provincial.

Os populares aseguran que, “A realidade é que Tomé non fixo nada do que estaba na súa man para que o CRAEGA quedase en Monforte e agora, sabedor de que é o único responsable, tenta escorrer o vulto”.

Ameijide lembrou que “Tomé é o principal responsable de non sentarse a falar co CRAEGA que levaba anos intentando demandando quedarse en Monforte e empregando as instalacións do Pazo de Tor”.

Katy Varela afirmou, pola súa banda, que “un alcalde de verdade se preocuparía polos seus veciños e por manter os postos de traballo na súa cidade. Que fixo realmente o alcalde? Nada. Mirar cara outro lado e cando se lle pediu a súa axuda mirou cara outro lado e, incluso, votou en contra nos plenos”.

“Paréceme ridículo que presente unha moción destas características en ambos plenos, unha proba máis de que o único que lle importa das institucións é a súa imaxe e seguir mantendo a súa carreira política. Os cidadáns somos o último que realmente lle importa, e proba diso é o tipo de xestión que fai”, sinalou Varela.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...