InicioPolíticaO PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano...

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O Grupo Provincial Popular pídelle ao goberno provincial reparar a estrada LU-P-5301 nunha zona próxima a unha curva pronunciada e en pendente no casco urbano de San Clodio, en Ribas de Sil debido ao seu “perigoso estado”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona sur, Luis Fernández Guitián, comprobaron in situ que “xa non hai pavimento e a capa de rodadura desta estrada provincial vaise desfacendo dende fai semanas, e cada vez máis, polo efecto da auga”. Ademais, “ao coincidir cunha pequena pendente descendente, os vehículos tenden a frear arrastrando a grava e o firme de terra que quedou agora descuberto”.

O portavoz cre que “convén actuar canto antes para evitar que a situación empeore e que poida supoñer un perigo para os condutores dos vehículos ou para os peóns que transiten pola zona”; pero non sen antes  “revisar as tubaxes de canalización de augas na zona para comprobar que dispoñen de suficiente capacidade e non afectan á estrada provincial”.

Os deputados escoitaron esta demanda trasladada polo Grupo Municipal Popular que encabeza Sandra Macía e que “supón unha queixa máis en relación ao mal estado que presenta na provincia a rede viaria da Deputación de Lugo”. Nese sentido, Ameijide “convida ao goberno provincial a atender as peticións dos veciños e levar a cabo unha planificación para a revisión e mellora, nos casos que sexa preciso, das estradas provinciais nos distintos concellos da provincia que permita garantir a seguridade dos seus usuarios”.

O popular explica que “esta rede viaria é moi empregada por tódolos lucenses nos seus desprazamentos diarios e constitúen vías de comunicación fundamentais”. Ademais, incide en que “foi un goberno do Partido Popular na Deputación de Lugo o que construíu as estradas para dar servizo aos veciños e permitir o desenvolvemento da provincia”.

Os deputados populares continúan visitando os distintos municipios para coñecer de preto as demandas que trasladan os veciños, alcaldes e portavoces en relación aos asuntos que son competencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

O PP pide en Pantón que a Deputación desenvolva un plan para potenciar os recursos propios da Ribeira Sacra

Desde o PP destacan que a Ribeira Sacra conta con características propias e ben...

O Sacra Festival xa ten datas: 28, 29 e 30 de xuño

Os organizadores do Sacra Festival presentaron este 9 de maio en LugoO fe a...

“As cegas de Ouselle” despediuse este sábado en Gundivós

O forno da Reitoral de Gundivós acendeuse e serviu de punto de encontro para...

A tradición dos Maios reuniu 14 obras en Monforte

O Concurso dos Maios, organizado polo Concello de Monforte na praza de España o...