HomePolíticaEsperta Monforte presenta unha moción sobre a xestión da piscina municipal

Esperta Monforte presenta unha moción sobre a xestión da piscina municipal

Esperta Monforte presenta ao pleno desde luns en Monforte unha moción sobre o control do gasto de 180.000€ na piscina municipal. Con respecto ao regulamento de honras e distincións insisten en non estar conformes coa autoimposición de medallas na corporación municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte presenta unha moción con respecto á piscina municipal na que piden aclaración real do destino de 180.000€ que o concello destina a estas instalacións e interésanse polo mantemento de postos de traballo da piscina municipal.

Ao respecto do regulamento de honras e distincións para facerlle un recoñecemento ao Duque de Alba, Esperta Monforte considera que “o Duque e Conde xa ten títulos dabondo e non precisan que lle dean máis. Semella idea dun partido aristocrático e impropio dun partido que se chama socialista”.

Segundo Esperta Monforte, o regulamento contemplaría tamén entregar ao alcalde e aos concelleiros medallas de prata bañadas en ouro, distinción á que Esperta renuncia, “accións como esta contribúen a maior desprestixio da clase política diante da cidadanía. Non hai maior honra que ser elexido pola cidadanía para traballar por Monforte polo que decidimos renunciar públicamente a esta medalla”, aseguran.

ÚLTIMAS

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...

Transportes pon en circulación os trens na prolongación da variante de A Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en servizo...