HomePolíticaO PP de Monforte segue a rolda de reunións en barrios e...

O PP de Monforte segue a rolda de reunións en barrios e parroquias

O último encontro foi con veciños de Santa Mariña de Monte, “Por desgraza teñen os mesmos problemas que no resto do rural”, sinalaron.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A voceira popular pon de manifesto o abandono do goberno local ás parroquias no local social de Santa Mariña, “moi descoidado na súa fachada exterior e co interior cheo de humidades, o que pode provocar problemas de salubridade”.

Katy Varela, criticou o “nulo compromiso” de José Tomé coas parroquias e os seus veciños, xa que nesta zona tamén teñen “serios problemas co abastecemento” derivados da falta dun colector. Do mesmo xeito, tamén son recorrentes as roturas na rede de abastecemento.

“Se ao equipo de goberno lle importase a zona rural terían unha programación anual para dotar dun abastecemento e saneamento en condicións ás parroquias, en lugar de telas abandonadas”, denunciou.

Os veciños de Santa Mariña de Monte tamén se queixaron da situación da estrada principal que percorre a parroquia, de titularidade provincial, “Está moi ben asfaltada, pero as cunetas non están limpas polo que non escorre a auga, o que dana o asfalto. O local social da parroquia tamén precisa dun arranxo urxente, está cheo de humidades o que podería derivar en problemas de salubridade”.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...