HomePolíticaO PP pide en Pantón que a Deputación desenvolva un plan para...

O PP pide en Pantón que a Deputación desenvolva un plan para potenciar os recursos propios da Ribeira Sacra

Os deputados populares analizaron durante unha visita a Pantón, coincidindo coa XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, a falta de rendibilidade dos pequenos produtores vitivinícolas debido aos custes de explotación, que ademais teñen que facer fronte a outras dificultades coma a xestión dos excedentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o PP destacan que a Ribeira Sacra conta con características propias e ben marcadas a nivel cultural, social, patrimonial -histórico e artístico- ou natural e estreitamente relacionado coa produción vitivinícola amparada pola Denominación de Orixe. Todas estas características fan da Ribeira Sacra un territorio cun destacado potencial turístico. Ademais, recentemente o Consello do Patrimonio Histórico Español acordou por unanimidade que a candidatura Paisaxe da auga: Ribeira Sacra sexa a proposta conxunta de España para a súa presentación ante a Unesco e optar así a ser recoñecida como Patrimonio Mundial.

O Partido Popular aposta por potenciar os recursos da Ribeira Sacra de forma conxunta e coordinada dende as administracións públicas. Nese sentido, os deputados do Grupo Provincial Popular defenden a elaboración e posta en marcha dun plan de impulso dende a Deputación de Lugo para potenciar os recursos propios da Ribeira Sacra e contribuíndo a dar solución aos retos actuais do sector turístico e vitivinícola en colaboración con outras administracións e que recolla apoios dende o punto de vista institucional, administrativo, económico e das infraestruturas públicas. A diversificación da actividade das adegas pode constituír unha boa solución e, neste caso, o enoturismo pode permitir xestionar e potenciar a riqueza do territorio; xa que a gastronomía e o viño son un elementos importantes á hora de explorar un destino turístico.

Dende o PP cren que “a Deputación Provincial ten un papel fundamental para poder afrontar estes retos, apoiando aos municipios da Ribeira Sacra, escoitando e dando solucións aos produtores e buscando apoios de todas as administracións afectadas como a Xunta de Galicia, o Goberno Central ou a Confederación Hidrográfica”. O portavoz, Antonio Ameijide, cre que “a Deputación non pode quedar unha vez máis sendo a única administración que non fai nada ao respecto dun proxecto vital como este para a provincia”.

Ameijide subliña que “dende a Deputación temos a obriga de ser o motor tractor que tire da provincia, que impulse os nosos territorios e que poña en valor e enxalce as súas bondades. Cando gobernamos esta institución traballabamos así e dende o Grupo Provincial imos a traballar arreo para que isto volva ser así”.

Os deputados do Partido Popular xa teñen reclamado ao goberno provincial a mellora das estradas titularidade da Deputación de Lugo para facilitar a comunicación de veciños e visitantes en condicións de seguridade, o acceso aos recursos naturais ou patrimoniais de interese turística e o desenvolvemento de iniciativas empresariais coas que cubrir a demanda de servizos e crear riqueza no territorio da Ribeira Sacra.

Así mesmo, demandan ao goberno da Deputación de Lugo máis implicación na promoción turística e apoio económico á vista de que nos orzamentos para o 2024 “conxelaron o investimento para información e promoción turística”.

XXIX Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Agricultura, Gandaría e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, asistiu este sábado á XXIX Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón.

Durante a visita, a conselleira puxo en valor este tipo de mostras como escaparate da calidade da despensa galega e máis concretamente dos viños desta denominación de orixe. Gómez reafirmou, ademais, o decidido apoio da Xunta a este tipo de certames e, en xeral, a todo o que ten que ver co fomento e promoción das producións alimentarias galegas de calidade diferenciada.

Conselleira Medio Rural XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...