HomePolíticaPor Chantada demanda indemnizacións para propietarios de edificios con niños de cegoña

Por Chantada demanda indemnizacións para propietarios de edificios con niños de cegoña

Por Chantada demanda que a Xunta indemnice as persoas proprietarias de edificaciós onde aniñen as cegoñas e que instalen plataformas nos concellos con elevadas poboacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada – Interior Galego Vivo lembra que nos últimos anos retiráronse niños en Xoán XIII, Santa Ana, en diferentes pontos da Avenida de Monforte, na Avenida de Lugo, na Avenida de Portomarín, no mercado gandeiro…. Tamén no medio rural se actuou nos lugares do Solar, Pesqueiras ou Fornas, mentres o número de parellas que aniñan, non deixou de medrar.

“Nin a Consellaría de Medio Ambiente nin o Concello de Chantada teñen abordado esta problemática procurando solucións que permitan a convivencia e a instalación de aparatos nas chemineas”, aseguran e insisten en que “a destrución de niños de cegoñas branca pode acarrear penas de seis meses a dous anos de prisión se se fai en período de reprodución da especie, que se inicia a partir do San Blas (febreiro)”.

Aseguran desde Por Chantada que “a Consellaría de Medio Ambiente procedeu á colocación de plataformas artificiais en diferentes pontos da nosa xeografía para atraer as aves para que elaboren alí os niños. Chantada non dispón deste recurso e o Concello non ten feito as xestións oportunas mentres as poboacións asentadas no noso territorio son cada vez maiores”.

Por iso, Por Chantada – Interior Galego Vivo avoga por elaborar, desde os servizos de medio ambiente do Concello de Chantada, un censo de niños coa súa correspondente localización para que os técnicos da Xunta poidan determinar onde pór as plataformas coas máximas garantías de éxito. Tamén consideran importante que o Concello desenvolva unha campaña informativa onde se informe ás comunidades de proprietarios das alternativas existentes para harmonizar a convivencia coas cegoñas, que os traballos para acondicionamento de niños deben facerse entre setembro e xaneiro e explicar a normativa e os condicionantes para a retirada coa debida supervisión e permisos dos técnicos da Xunta sendo os concellos os que deben solicitar a autorización ás CCAA.

ÚLTIMAS

Feira do Viño de Pantón, unha cita para promocionar o municipio e os seus caldos

Na primeira xornada tamén visitaron o recinto feiral a directora xeral da Axencia Galega...

30.000 euros para o fomento da lectura nas bibliotecas de Lugo

Na Zona Sur foron beneficiarios de axudas para contratación de actividades a través do...

Comeza o reforzo do muro que permitirá reabrir a LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada

A Deputación de Lugo está xa a reforzar o muro de sostemento que permitirá...

Quiroga celebra en maio o “Mes das Nosas Letras”

Tras o certame de narración e debuxo que está en marcha ata o día...