HomePolíticaRENFE recupera a conexión Ourense-Lugo suprimida hai 10 días

RENFE recupera a conexión Ourense-Lugo suprimida hai 10 días

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, valora positivamente a rectificación do Ministerio de Transportes ao respecto da supresión da última conexión entre Ourense e Lugo. Rego pon en valor o labor realizado a este respecto polo BNG, “sempre útil para o Sur de Lugo e para toda Galiza, cando o Goberno fai caso das demandas formuladas polo BNG é cando acerta”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de que RENFE decidise, de maneira unilateral, suprimir a última conexión ferroviaria entre Ourense e Lugo, e así deixar de novo illado a Monforte da frecuencia que viña desde Madrid, a entidade pública decide rectificar esta decisión e recuperala. Unha decisión que, segundo o BNG, foi froito do labor realizado a través da xestión e a presión política e das numerosas queixas formuladas polas persoas usuarias.

“Desde que soubemos da decisión de RENFE, o BNG estivo a presionar e a traballar para a recuperación desta conexión. Rexistramos iniciativas e demandamos ao Ministerio de Transportes e, concretamente, a RENFE a que rectificase porque supuña recortar unha frecuencia máis coa capital lucense”, sinala o deputado, Néstor Rego.

Rego avanza que a fronte nacionalista seguirá a traballar para que o Sur de Lugo teña vías de comunicación “propias do século XXI e que as súas comarcas non queden illadas. Ás iniciativas sobre o arranxo da N-120 uniránselle accións no territorio. Monforte e a súa comarca están a quedar fóra dos plans de modernización ferroviaria. O que supón un golpe do goberno do estado á comarca máis ferroviaria da Galiza, polo que todas as actuacións que a día de hoxe se están a levar a cabo para o impulso do transporte ferroviario son grazas ao acordo conseguido polo BNG” lembra.

ÚLTIMAS

O Programa Deportivo de Verán de Monforte oferta 822 prazas

A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, destaca que desde o concello "fixemos...

42 persoas participan no Centro Cívico de Monforte das xornadas de formación universitaria para maiores de 50 anos

O programa de formación universitaria, que por quinta vez se celebra en Monforte con...

Sober convoca dúas bolsas culturais internacionais “Pintor de Castinandi”

O Concello de Sober convoca dúas Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para o...

Roberto López, de colaborar co Bóveda Slam Poetry a publicar o seu primeiro poemario

Roberto López Veiga naceu na Coruña pero sempre estivo moi apegado a Rubián, no...