HomesociedadeEn marcha a residencia de Pantón cunha dotación de 45.000 para redactar...

En marcha a residencia de Pantón cunha dotación de 45.000 para redactar o proxecto

A Deputación de Lugo ven de aprobar en Xunta de Goberno destinar 40.000 euros á redacción do proxecto de construción dunha residencia de maiores en Pantón. O concello colabora con este financiamento cunha achega de 5.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O concello da Pantón, un dos municipios co índice de envellecemento máis alto da provincia e incluso de Galicia, con máis do 55% dos seus habitantes por riba dos 65 anos, contará coa demandada residencia de anciáns.

O Goberno da Deputación comprometíase, nesta mesma semana, a asumir estes traballos desde o organismo provincial. Así os 40.000 euros aprobados hoxe, súmanse aos 500.000 euros para esta finalidade, que o Presidente, Darío Campos, incluíu na súa proposta de Presuposto para 2019.

Desde a Deputación lembran que esta vella aspiración dos veciños de Pantón tivo compromisos por parte da Xunta que nunca se materializaron. Por eso agoraDeputación e Concello tentarán acadar a colaboración da Xunta.

ÚLTIMAS

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...

O sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se celebran o 19 de maio

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio,...