HomePolíticaO BNG e a ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra demandan solucións...

O BNG e a ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra demandan solucións á estrada LU-651

No pasado ano 2022, esta vía derrubouse á altura do quilómetro 18 provocando un enorme prexuízo á poboación da zona e deixando practicamente incomunicada a veciñanza da serra do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG asegura que nestes días volveu caer parte desta estrada, e como solución o goberno galego cortou a estrada “e deu como alternativa un trazado a todas luces perigoso e dificilmente transitable para a grande maioría de vehículos. E tal o grado de perigosidade que suspendeuse o transporte escolar por este trazado (o único alternativo) ante a falta de garantías de seguridade para o alumnado e persoal, algo que non é sobrevido”.

A solución que a Xunta deu ás familias foi que elas mesmas leven ao estudantado aos centros educativos ou que directamente non acudan ás aulas. Ante as protestas abriu de novo a estrada o xoves 23 só para o transporte escolar. Nesta situación o BNG demanda no Parlamento unha solución para esta estrada na Serra do Courel.

Consideran que “esta situación inaudita e indignante é unha verdadeira deixadez de funcións por parte da Xunta e que a utilización dos fondos para manter a vida nas montañas do Courel debían empregarse para acometer actuación reais como o arranxo integral da estrada LU-651 á maior brevidade posible” lembra Prieto Florines, responsábel da formación no Sur de Lugo.

Comunicado da ANPA á Xunta sobre os problemas coa LU-651

Estimados sres.
Dirixímonos a vds. desde a Directiva da ANPA do Colexio CPI Poeta Uxío Novoneyra, en relación coa problemática que nestes momentos semella irresolúbel surxida por mor das obras na estrada LU-651, en concreto no tramo que une Ferrería Vella con Seoane do Courel o cal, malia os prazos anunciados e prometidos, continúa a cortar de modo intermitente o tráfico dificultando, cando non impedindo directamente, o acceso do transporte escolar ao debandito centro.
A única ruta alternativa que se ofrece, a cal non estivo autorizada ata estes mesmos días pola Mobilidade da Xunta de Galicia, consiste nun camiño estreito e con forte pendente que dificulta e fai perigoso o tránsito de turismos e furgonetas (producindo averías e situacións de perigo), quedando incluso excluido un dos transportes escolares por cuestión de dimensións debido a que nun dos extremos do camiño hai que pasar incluso por debaixo dunha casa que fai aínda máis estreito o tramo. Ademáis, o acceso a este camiño está controlado por uns semáforos de obra que en ocasións non teñen a sincronización correcta ou directamente non funcionan, provocando que dous vehículos se atopen de frente e teñan que maniobrar en condicións de gran dificultade para que un deles chegue a pasar.
Nestes mesmos días un novo desprendemento mantivo cortada a estrada, otorgándose por parte dos responsables das obras un permiso excepcional aos transportes escolares, mais quedando excluido o resto do tráfico.
No caso de non ser posible a circulación polo tramo en obras os transportes escolares teñen que utilizar o camiño antes descrito, salvo o que excede as dimensións do paso máis estreito, feito que provoca que parte dos alumnos queden sen servizo.
A estes últimos a administración ofrécelles a única opción de seren trasladados polas súas propias familias as cales teñen que asumir o risco de coller o camiño alternativo. Esto definitivamente non semella unha solución senón ao contrario, outro problema a engadir aos anteriores e que entra en conflicto cos horarios laborais e a conciliación familiar.
Por todo o dito anteriormente, e ante a falta de medidas e información nun prazo razoable por parte da administración, dirixímonos a vds. agardando que se dea unha solución definitiva a este problema que se ven arrastrando dende hai anos por mor dunhas obras que, lonxe de mellorar o acceso ao centro, engaden problemas aos xa existentes para as familias que aquí residimos e que cremos no dereito fundamental a unha ensinanza de calidade para os nosos fillos e fillas

ÚLTIMAS

Aberto o prazo de solicitude de axudas para asociacións culturais en Monforte

As asociacións interesadas terán terán de prazo ata o luns 1 de xullo para...

Graduación de 2º BAC do IES Francisco Daviña Rey

O pasado 7 de xuño o IES Francisco Daviña Rey celebrou a graduación do...

O IES Río Cabe felicita ao seu alumnado polas notas da ABAU

Dende o IES Río Cabe veñen de faccer público un comunicado no que trasladan...

O BNG insta no Parlamento arranxar de modo íntegro e real a estrada LU-651

O Bloque Nacionalista Galego instou no Parlamento arranxar a estrada LU-651 tendo en conta...