HomeDeportesEsperta Monforte leva a pleno ampliar e mellorar a Biblioteca adquirindo o...

Esperta Monforte leva a pleno ampliar e mellorar a Biblioteca adquirindo o edificio da galería Sargadelos

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns dúas mocións nas que pide pistas de volei praia permanentes, e adquirir o edificio da antiga Galería Sargadelos ao carón da casa da cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte considera que as instalacións da casa da cultura, e en particular da bibllioiteca municipal, precisan dunha reformulación que garanta o seu futuro e preste mellor servizo.

No caso da biblioteca consideran urxente mellorar a iluminación das mesas e colocar tomas de electricidade en cada posto das mesas para enchufar dispositivos electrónicos. Para Esperta Monforte sería importante poder establecer espazos diferenciados; por exemplo de lectura para adultos, para adolescentes e para infantil; espazos nos que poder falar e realizar traballos en equipo. Entre outras cousas consideran importante promover actividades infantís de lectura e crear un espazo para club de lectura. Para a creación destes novos espazos, Esperta Monforte propón mercar o edificio anexo á casa da cultura, onde se ubicaba a Galería Sargadelos.

Noutra moción, repasan a importancia e traxectoria do volei en Monforte, que na actualidade ten case 250 licenzas. Refírense á celebración, cada verán, desde hai 25 anos do campionato de volei praia e que varios deportistas participan no cicuíto galego deste deporte, polo que demandan un espazo permanente no que estes deportitas poidan practicar o volei praia.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...