HomePolíticaO Courel protesta pola ausencia de médicos

O Courel protesta pola ausencia de médicos

Nos centros de saúde de Seoane e Folgoso non houbo facultativos durante a mañá deste luns e anunciouse que tampouco haberá o mércores 29 e o venres 31. Esta mañá rexistráronse casi cento cincuenta reclamacións por esta ausencia de médicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As protestas repetiranse o vindeiro mércores e ata que se solucione a situación, segundo anuncia a veciñanza afectada. Mentres Courel Vivo xa daba a coñecer a pasada semana a fotografía do cartel que anunciaba estas ausencias de médicos.

Cartel que anunciaba a pasada semana a ausencia de médicos / CV

Lembran que hai tempo que se veñen recortando e degradando os servizos sanitarios, “Primeiro desapareceron as gardas nocturnas, despois e xa de forma habitual, non se cobren axeitadamente as ausencias dos facultativos, xa sexan baixas, vacacións ou días de libre disposición. Isto supón que, no mellor dos casos, un só médico teña que cubrir as dúas consultas, reducindo á menos da metade o horario de atención ao paciente, como ven pasando últimamente”.

Protestas sen médicos no Courel / MRP

Asegura a formación política que nos últimos tres meses, na ausencia por baixa dunha das facultativas, menos dun tercio dos días de consulta foron cubertos. “Seguindo con esta dinámica de abandono por parte do Sergas, o concello de Folgoso do Courel non contará con médico en ningunha das dúas consultas luns, mércores e venres desta semana. O que supón que estes días haxa veciños, por mor da dispersión xeográfica, que teñan o médico máis cercano a unha hora e cuarto”.

Desde CV esixen responsabilidades e solucións “aos responsables deste atropelo, estamos fartos das escusas de sempre, e que sexamos sempre os mesmos, as zonas de montaña máis afastadas dos hospitais referencia, quen paguemos as consecuencias. Imos chegar onde faga falta para que respecten os nosos dereitos.”

Protestas sen médicos no Courel / MRP

ÚLTIMAS

O queixo ‘Savel’ de Airas Moniz, premiado a nivel estatal

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de publicar no Boletín oficial del...

Ferreira de Pantón celebra as Festas Patronais do 22 ao 24 de agosto

O Concello de Pantón presenta o programa das Festas Patronais de Ferreira de Pantón...

Artesanía de Galicia no Courel ata o 9 de agosto

Durante a súa visita, destacaron que esta iniciativa contribúe a achegarlle á sociedade o...

A directora xeral de Xuventude visita o campamento Adventure Camp no Centro Peares de Inmersión Lingüística, en Carballedo

Lara Meneses coñeceu a primeira quenda das tres coas que conta esta iniciativa que...