HomePolíticaJosé Antonio Rodríguez é o novo presidente do comité electoral do PP...

José Antonio Rodríguez é o novo presidente do comité electoral do PP de Monforte

A predidenta do PP de Monforte, Julia Rodríguez manifestou: “Non o quixen presidir porque creo que é preferible que sexa outra persoa a que o presida, pero si formo parte del”.

Publicado o

- Advertisement -

José Antonio Rodríguez Domínguez, concelleiro do PP durante 4 anos no concello de Monforte, presidirá o comité electoral en Monforte que contará con Manuel López Eiriz, que foi candidato do PP á alcaldía, ademais de edil, como secretario. Estes nomeamentos teñen como obxectivo confeccionar unha candidatura de cara ás vindeiras eleccións municipais. Así o decidiron este xoves por unanimidade os participantes nunha extensa reunión entre a dirección provincial e a executiva local do PP de Monforte na que analizaron os acontecementos das últimas semanas.

O comité contará con outros seis membros, catro deles actuais concelleiros do Partido Popular en Monforte entre os que se atopa Iván Vázquez, secretario da agrupación local.

A presidenta do PP de Monforte, Julia Rodríguez foi a encargada de designar as persoas que forman o comité electoral, ao que lle corresponde elaborar a candidatura que logo se trasladará á dirección provincial. Julia Rodríguez: “Non o quixen presidir porque creo que é preferible que sexa outra persoa a que o presida, pero si formo parte del”.

Julia Rodríguez Manifestou que “o Partido Popular de Monforte sae reforzado” trala reunión que mantiveron este xoves a directiva provincial e membros da executiva local.

 

 

ÚLTIMAS

Condenadas a dous anos de cárcere a exconcelleira de Láncara Begoña López e o seu pai por estafa e falsidade

A Audiencia Provincial de Lugo condenou á exconcelleira socialista de Láncara Begoña López e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...

Pedaleando por Palestina de Seoane do Courel a Ferreirós de Abaixo

A xornada comezou ás doce e media da mañá en Seoane do Courel, onde...

163 deportistas participaron en Pantón nos Xogos Autonómicos Special Olympics Galicia

O pasado sábado 16 de maio o campo municipal de O Baliño en Ferreira...