HomePolíticaMaceda pregúntalle ao PP da Pobra do Brollón se está en contra...

Maceda pregúntalle ao PP da Pobra do Brollón se está en contra dos investimentos da Deputación no concello

O alcalde da Pobra do Brollón Xosé Lois Maceda pide ao grupo municipal do Partido Popular ‘que aclare se está en contra de que a Deputación de Lugo invista neste concello’. O alcalde demanda aos populares locais un posicionamento despois de que o seu portavoz provincial, Antonio Ameijide, criticara o convenio entre o Concello e a área de Rural para adquirir un todoterreo para dar servizo e atender as zonas rurais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón e a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo asinaron un convenio de colaboración de 92.000 euros para financiar a adquisición dun vehículo todoterreo novo, que estará ao servizo do persoal municipal para os desprazamentos e tarefas relacionados con servizos e infraestruturas do Concello nas parroquias rurais, como o control do alumeado público, os servizos de abastecemento de auga e saneamento, a recollida de residuos ou a atención a edificios e espazos municipais.

‘Non é un vehículo para uso do alcalde ou das concelleiras, como suxiren as declaracións demagóxicas do portavoz do Partido Popular na Deputación, senón un todoterreo que utilizará o persoal municipal para atender servizos fundamentais como o alumeado, o abastecemento de auga ou o funcionamento de espazos públicos. O Partido Popular da Pobra do Brollón debería explicar ás veciñas e veciños que pensa das declaracións do seu portavoz provincial e se quere ou non que a Deputación de Lugo invista neste concello’, incidiu o alcalde, Xosé Lois Maceda.

O novo vehículo incorporarase ao parque de vehículos e maquinaria municipal, que xa fora ampliado con outras colaboracións da área de Rural nos últimos anos, como a adquisición dun tractor de segunda man, unha rozadoira e diversos aparellos manuais para realizar labores de limpeza e mantemento.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...