HomePolítica"España ten que abandonar esa política de ataque permanente aos que fan...

“España ten que abandonar esa política de ataque permanente aos que fan rendible o sector primario”, denuncian os populares en Bóveda

Co obxectivo de por en valor, precisamente, a calidade dos produtos cárnicos que se producen nesta provincia, os populares, acompañados do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, visitaron a empresa Garemeat, situada neste municipio. Este provedor ofrece unha prestixiosa gama de produtos de carne de vaca, tenreira e boi autóctonos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa Garemeat, situada en Bóveda, ofrece unha prestixiosa gama de produtos de carne de vaca, tenreira e boi autóctonos. Precisamente, o seu sabor é o que propicia que estea presente nos mellores restaurantes do mundo (Arzak, Berasategui ou Gilles Goujon) e sendo destacada polos principais medios internacionais (The Guardian, The Telegram, Le Fígaro ou Le Monde), ademais de polos críticos gastronómicos máis reputados como Mike Gibson, Kilian Fox o Jay Rayner. Cunha facturación de mais de 6M€, destina preto dun 80% á exportación a países coma Portugal, Francia, Bélxica, Luxemburgo, Italia, Eslovenia e Alemaña. Nestes momentos está desenvolvendo unha ampliación das súas instalacións cun investimento de 600.000€, co apoio da Xunta de Galicia.

“O futuro do sector cárnico tamén depende de Europa. España ten que abandonar esa política de ataque permanente aos que queren facer rendible o sector primario, como está a facer o Goberno de Sánchez coa Axenda 2030 Para o Desenvolvemento Sostible”, sinalan dede o PP

“Sánchez está empregado este instrumento da ONU en contra dos que traballan no campo, ao defender unha diminución do seu consumo”. E todo elo, din, a pesares de que o sector de elaborados cárnicos elevou un 9% as súas ventas en 2023. Esta alza débese á demanda en hostalería e restauración. Neste senso, o país luso, xunto con Francia e Alemaña, mantivéronse como os principais mercados exportadores para as empresas españolas, agrupando o 45% do total exportado.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...