Segundo os populares, o alcalde, José Tomé Roca, tenta apropiarse desta celebración e lembran que o concello aportaba 500€ para as Festas de San Antonio, do mesmo xeito que facía co resto de barrios e parroquias.
Aseguran desde o PP que “esa cantidade subiu cando desde o PP de Monforte conseguimos que a través de Turismo, a Xunta achegase ata 1.000€ para estas festas, aportación que tamén se realizará este ano, momento no que o alcalde subiu a cantidade”.
“Por moitas achegas que realice dende unha administración para que unha festa tradicional desenvólvase con éxito, un non pode apropiarse do traballo dos veciños”, critica a popular, que tamén aproveita para destacar “ese traballo e esforzo dos veciños para que ano tras ano estas festas sexan un éxito”.
Programa Festas de San Antonio
Despois da bendición e venda das roscas na mañá deste xoves e de diferentes actuacións ao longo da xornada. A festa verbena desta noite contará desde as 21:00h coas actuacións de DJAyran e da orquestra Combo Dominicano.
Venres 14
- 10:00. Salva de bombas.
- 18:30 a 20:30. Dúas horas sen luces e sen música para que tamén os nenos con necesidades especiais poidan gozar das festas
- 21:00 horas. Festa verbena co dúo Estrellas e a orquestra Salsarena
Sábado 15
- 10:00 horas. Salva de bombas para anunciar o terceiro día das festas
- 10:30 horas. Dianas e alboradas a cargo da agrupación Xograres de Lemos
- 19:30 horas. Actuación da agrupación Lemavos e a agrupación De Pé Feito na praza de Santa Clara
- 22:00 horas Festa coa orquestra Solara
- 00:00 horas. Fogos de artificio, seguidos de verbena coa Orquestra Solara e concerto de Malenne
Domingo 16
- 10:00 horas. Unha salva de bombas anunciará o último día das festas
- 10:30 horas. Actuación de grupo de gaiteiros polo barrio de San Antonio
- 11:30 horas. Xogos infantís no Campo de San Antonio
- 21:00 horas. Festa con orquestra Saudade