HomePolíticaO PP de Monforte propón bonificacións fiscais para evitar a perda de...

O PP de Monforte propón bonificacións fiscais para evitar a perda de poboación

A voceira popular indica que no último censo Monforte apenas contivo a poboación por enriba dos 18.000 habitantes polo que “é necesario que se impulsen dende o Concello medidas e bonificacións que axuden a que os monfortinos queden aquí, en lugar de empadroarse en municipios con mellor fiscalidade”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha modificación da ordenanza fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica para dar unha bonificación do 100% aos vehículos cunha antigüidade mínima de 25 anos.

A voceira popular, Katy Varela, explica que se realiza esta petición para evitar o goteo de perda de veciños empadroados en Monforte xa que moitos concellos da contorna xa contan con esta bonificación “sen necesidade de que o seu vehículo teña a cualificación de histórico e sen necesidade de estar inscrito no Rexistro da Xefatura Provincial de Trafico, polo que os seus propietarios se censan a eles mesmos e os vehículos neses concellos”.

No último censo Monforte apenas contivo a poboación por enriba dos 18.000 habitantes despois de máis dunha década de caída constante. Segundo os populares, os monfortino empadróanse en localidades da contorna por este tipo de incentivos.

Por este motivo, os concelleiros populares ven necesaria unha modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, concretamente o artigo cinco relativo ás bonificacións, contemplando a bonificación do 100% para todos os vehículos de mínimo de 25 anos de antigüidade, independentemente de que estean inscritos como antigos no Rexistro da Xefatura Provincial de Trafico.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...