HomePolítica"Nin un só día sen médico e unha lei de alta montaña",...

“Nin un só día sen médico e unha lei de alta montaña”, pide Courel Vivo ao pleno

O grupo municipal de Courel Vivo rexistrou unha moción para que o Courel non quede nin un só día sen médico/a nin enfermeiro/a. A proposta que tamén solicita á Xunta, que redacte e aprobe unha lei de alta montaña para atender de forma específica as singularidades do concello, debaterase no pleno deste 28 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello do Incio está situado nunha zona de montaña cunhas intensas características orográficas e unha ampla dispersión xeográfica. Os preto de 1000 habitantes repártense en 49 aldeas dispersadas en 193 km2. A poboación envellecida representa máis do 70%, cunha penetración de enfermidades crónicas asociadas relevante.

Habitualmente o concello conta con dous centros de saúde con dous médicos asignados, un por centro, “para atender a todo o territorio e garantir un médico de referencia a menos de 30 minutos de distancia, como marca o Real Decreto 137/1984, de 11 de Xaneiro, sobre Estruturas basicas de Saúde, onde di claramente que a unidade básica de saúda (XS) non pode estar a máis de 30 minutos. No caso do Courel, pasa da hora para moitas persoas.”

Desde Courel Vivo insisten, “non deberiamos ser tratados como outras zonas onde tamén lles falta o médico. Porque as distancias aquí duplican e incluso triplican outras zonas de saúde.”

“É habitual neste concello que ante a falta dun dos facultativos médicos sexa o outro médico o que faga unha intersubstitución do servizo, atendendo el só a toda a poboación. Unha práctica que no caso concreto deste concello, coa dispersión e as distancias existentes entre os núcleos de poboación, fai que se incumpran ampla e sistemáticamente varias normativas sobre o dereito da poboación á saúde”, sinala a formación política.

Courel Vivo faise deste modo eco das recentes protestas veciñais que se veñen sucedendo nas últimas semanas. Durante todo o mes de xuño leváronse a cabo campañas masivas de reclamacións nos centros médicos, concentracións e mesmo creouse unha Plataforma de veciñanza contra o abandono do Courel, que nestes días presentou tamén un escrito na fiscalía para transmitir o seu descontento pola situación de abandono no que se atopa o municipio.

Protestas sen médicos no Courel / MRP

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...