HomePolíticaO BNG de Pantón reclama o arranxo das estradas provinciais

O BNG de Pantón reclama o arranxo das estradas provinciais

O BNG de Pantón denuncia o mal estado das estradas provinciais e a falta de mantemento desta rede viaria. Poñen o foco na estrada que vai de Frontón LU-4103 a Espansantes, que consideran moi perigosa na actualidade e refírense aos “ouvidos xordos“ do Departamento de Vías e Obras ante as instancias que levan presentado para reclamar unha solución e o mantemento ao que está obrigada a Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Os nacionalistas de Pantón aseguran que as obras da rede ferroviaria afectan ás parroquias de San Fiz de Cangas, Santiago de Cangas e San Xoán de Frontón, das máis poboadas do concello. “A situación é gravísima, sabemos e entendemos as obras da rede ferroviaria, pero iso non pode impedir oa habitantes acceder ás súas casas en condicións de seguridade”, di RosaAna Prieto, portavoz municipal do BNG.

“Esiximos o arranxo das estradas e que se proceda á súa roza de maneira inmedia porque no século XXI os servizos públicos son un dereito conquistado, non herdado do medievo”, lembran os nacionalistas en clara referencia ao Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte que vén de recoñecer como Fillo Adoptivo de Monforte ao Conde de Lemos “cuxo único mérito para obter o recoñecemento foi nacer”.

“Se non se procede a dar unha solución mobilizarémonos e pediremos amparo á Valedora do Pobo e incluso pensamos en acudir a Europa, porque esta situación non se pode aguantar máis tempo”, aseguran dende o BNG de Pantón e lembran que no verán aumenta a poboación e tamén o tráfico, e por ende a perigosidade.

Estrada Provincial Pantón / BNG Pantón

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...