HomePolíticaO Parlamento galego acorda construír un novo campo de fútbol en Chantada...

O Parlamento galego acorda construír un novo campo de fútbol en Chantada a iniciativa do BNG

O BNG logra o acordo do Parlamento galego para a construción dun novo campo de fútbol en Chantada despois de que o deputado, Iago Suárez, argumentase a  imperiosa necesidade de ter outro campo ademais do municipal

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa do BNG foi aprobada por unanimidade de todos os grupos con representación na Cámara malia a que o PP dubidase da súa uxencia. Suárez replicou que “quen coñece a realidade futbolística en Chantada sabe da imperiosa necesidade dun novo campo ademais do municipal do Sangoñedo, no que actualmente adestran e xogan dez equipos”. Asegurou que “esta é unha cuestión de consenso total na localidade” e que “non hai practicamente ninguén que se opoña a que se faga un novo campo”. É por iso que advertiu que “é o deber do Parlamento dar resposta a todo un concello que require que se actúe canto antes”.

O deputado nacionalista reclamou ao PP que “se dirixa á Xunta de Galiza canto antes e faga o seu traballo”.  Ademais indicou que “é incrible que desde o PP non se puxesen en contacto co Concello de Chantada, no cal gobernan, e que teña que ser o BNG quen faga o seu traballo desde a oposición”.

Finalmente, Suárez advertiu ao PP que “agora que se toma este acordo no Parlamento estaremos moi atentos para que se cumpra. Non permitiremos que este acordo caia nun caixón e que quede aí, a poboación de Chantada merece un trato mellor por parte da Xunta”, rematou

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...