HomePolítica"12 meses perdidos sen solucionar problemas de abastecemento e saneamento", valora o...

“12 meses perdidos sen solucionar problemas de abastecemento e saneamento”, valora o PP de Monforte despois dun ano das eleccións

A voceira popular, Katy Varela, afeou a Tomé que neste ano “unicamente se centrou na promoción da súa imaxe” xa que os únicos proxectos que desenvolveu resúmense nunha frase: “botar asfalto sobre asfalto”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte realizaron un balance do primeiro ano de José Tomé a fronte do concello monfortino tralas eleccións municipais de 2023, 12 meses “perdidos” nos que o rexedor “foi incapaz de atopar solucións aos problemas do abastecemento de auga potable e do saneamento”.

“Durante estes 12 meses puidemos ver como practicamente cada semana en Monforte houbo problemas e cortes no abastecemento de auga potable e na zona rural tamén son numerosas as parroquias que carecen deste servizo fundamental”, denunciou.

Katy Varela afirmou que dado que José Tomé e o seu equipo de goberno non conseguiron desatascar ningún dos problemas de Monforte nin facer que o municipio medrase “podemos cualificalos como un alcalde e un goberno ausentes”.

Lembran os populares que durante este primeiro ano de mandato defenderon 20 iniciativas e cualificaron o seu traballo como “un ano de oposición construtiva, humilde, cercana á cidadanía e ilusionante”, acción na que dividiron as súas propostas en sete bloques de traballo:

  • Un concello comunicativo e transparente para toda a cidadanía. Con iniciativas centradas na mellora da comunicación e da transparencia do Concello “xa que o equipo de goberno unicamente promociona a imaxe do alcalde e oculta a información que vai en contra da acción de goberno, como as sentenzas xudiciais contra o concello”.
    • Benestar social, igualdade e inclusión para todas as idades e colectivos, con mocións para que o Goberno central cumprise coa Lei de Dependencia ou alegacións ao regulamento da escola infantil municipal
    • Medio ambiente, sostibilidade e limpeza en continuo coidado, con iniciativas para que o Concello de Monforte cumprise coa Lei de Benestar Animal ou para acadar bonificacións fiscais para entidades que traballan en favor da sociedade, como a inclusión na ordenanza da auga de Residencias e centros da 3ª idade e discapacidade como usos especiais do consumo.
    • Economía, comercio local, empresas e rural apoiados e potenciados. Mocións para acadar bonificacións no IVTM ou no IBI, ademais de apoiar a permanencia da sede central do Craega en Monforte.
    • Turismo, cultura e educación promocionados e dixitalizados, con iniciativas para a mellora da xestión do turismo ou para a modernización da Casa da Cultura.
    • Urbanismo, mobilidade e redes modernizadas en todos os lugares, con accións para mellorar a seguridade viaria e para mellorar a imaxe do municipio, actuando nos edificios en ruina, por exemplo.
    • Zonas deportivas e de descanso ampliadas e renovadas, defendendo entre outras iniciativas, unha zona de baño en Ribasaltas.

    Os concelleiros populares recordan que levan agardando dende o 13 de maio a que o alcalde facilite os expedientes solicitados sobre a situación económica do Concello e sobre o ciclo da auga. Katy Varela recorda que o Concello ten a obriga legal de facilitar a documentación no prazo de cinco días “e xa pasaron case dous meses”. Os concelleiros do PP de Monforte preguntan a José Tomé “que ten que agochar para negar o acceso á información que se solicita do propio Concello”.

    ÚLTIMAS

    A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

    Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

    20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

    Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

    A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

    Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

    Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

    Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...