HomePolíticaPor Chantada demanda equipamento para emerxencias acuáticas nos Parques de Bombeiros

Por Chantada demanda equipamento para emerxencias acuáticas nos Parques de Bombeiros

O grupo municipal POr Chantada Interior Galego Vivo defenderá no vindeiro pleno unha moción xa rexistrada con propostas para equipar os parques de bombeiros de Chantada, Lemos e Sarria con equipamento que permita actuar en emerxencias acuáticas superando a situación actual de precariedade e total falta de medios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Moción do grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo para a mellora dos equipamentos na asistencia de emerxencias en ambientes acuáticos visa dar resposta a unha problemática que se está agudizando pola dispersión e envellecemento, o aumento da presión turística e das actividades de risco nunha orografía complexa e cun déficite de infraesturas elevado.

Interior Galego Vivo xa ten noutras ocasións sinalado as deficiencias e a ausencia dun Plano de emerxencias para o sul de Lugo e o norte da provincia de Ourense a pesar da súa complexa orografía e singularidade territorial e social (envellecemento, dispersión, déficit de infraestruturas e servizos…).

Os rescates en ríos, encoros, inundacións de poboacións, rescate de vehículos en contorna acuática ou afundidos son atendidos fundamentalmente nesta área polos parques comarcais do consorcio provincial contra incendios de Lugo (doracante CPIL). “No ámbito da comarca de Chantada contamos cos encoros de Belesar e Peares, situación extensíbel aos parques de Sarria e Lemos, polo que a atención e rescate acuático, levando en conta a orografía, resultan dunha importancia extrema”, apuntan desde Por Chantada.

Por Chantada insiste na necesidade de dotación de medios axeitados para rescates acuáticos e para a protección das vidas humanas, o cumprimento de normativas e a mitigación dos riscos. Por iso coa cúa moción propoñen:.

1.- O cumprimento de normativas e estándares internacionais é obrigatorio para todas as administracións públicas, sendo a Xunta, tocante ao plano de emerxencias, a ordenación do territorio e dos fluxos e modelo turístico; a Deputación, no relativo ao Consorcio de bombeiros; e, en último lugar, os concellos os responsábeis de oferecer seguranza e salvamento de garantía á viciñanza e previr ou reducir os riscos de rescates acuáticos.

2.- Para un servizo de bombeiros urbanos con capacidade de realizar rescates acuáticos e procura rápida de persoas en encoros e ríos na nosa orografía é necesario unha equipa mínima de 4 bombeiros por quenda, debidamente formados e con EPIs e vehículos especializados que se dote co equipamento que se detalla na moción.

3.- Demandar unha resposta das actuacións que van desenvolver nas anualidades 2024 e 2025 para corrixir as deficiencias asinaladas por parte das institucións con competencias, en maior ou menor medida, na materia (Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dependente da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes; Deputación de Lugo (Presidencia e Vicepresidencia); Consorcio provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incendios e salvamento; e Mesa Interdepartamental da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

“Deterioro cognitivo”, tema do Faladoiro deste 29 de outubro en Quiroga

A convidada deste Faladoiro será a psicóloga, María Lillo, acompañadas do concelleiro de Servizos...

A mostra expandida “Un cadro nun lugar” amosa en empresas e institucións da Ribeira Sacra a pintura de Manuel Jorge

A mostra expandida, "Un cadro nun lugar", implica a cesión en déposito de cadros...

Concentración o 28 de outubro ás 12:00 diante do Hospital de Monforte

Os nacionalistas demandan que se dote de persoal e medios humanos suficientes o centro...

O BNG de Quiroga anima as redes sociais co concurso “Celebrando a Castelao”

O BNG de Quiroga, continuando coa celebración do 75 cabodano do falecemento de Castelao,...