HomePolíticaAlfonso Rueda conmemora o Día de Galicia na Ribeira Sacra e avoga...

Alfonso Rueda conmemora o Día de Galicia na Ribeira Sacra e avoga polo progreso sen perder as raíces

Nun acto celebrado no miradoiro do Cabo do Mundo, no concello do Saviñao, o líder dos populares galegos afirmou que poucos lugares poderían ser tan simbólicos como a Ribeira Sacra –candidata a ser declarada como Patrimonio da Humanidade– para escenificar  "o que é Galicia e o que queremos que siga sendo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou este martes, o modelo que defende o seu partido para Galicia, “unha terra traballadora, aberta ao mundo, solidaria, que progresa e que nunca perde as súas raíces”.

Ao acto, no que o alcalde, Juan Carlos Armesto, exerceu de anfitrión, tamén asistiron a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, deputados, senadores e outros representantes do partido. Todos eles desfrutaron do talento da cantante e compositora, Carolina Rubirosa, que interpretou O teu camiñar e o himno galego.

O responsable de Cultura, Lingua e Xuventude do Goberno galego, José López Campos, enxalzou Galicia como “un territorio e un pobo únicos con paisaxes, cultura e lingua propias que activa todos os seus recursos para progresar día a día constituíndose como unha das comunidades autónomas referentes en España, pioneira e vangardista en moitos ámbitos da nosa realidade social”.

Unha Comunidade que, ademais, “a forza de tesón, traballo, cordura e valentía”, soubo situarse entre os pobos máis prósperos dunha Europa que se construíu “camiñando a Santiago de Compostela para honrar a un Santiago Apóstolo que é o patrón de toda España”.

Alfonso Rueda Día de Galicia no Cabo do Mundo / PP

Sinalou tamén que, coa apertura do “novo ciclo” que supuxo a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda, os populares galegos asumen “a responsabilidade de non perder nunca a esencia do que somos, do que representamos e dun ideario que nunca será outro que o servizo incondicional e honesto ao pobo galego coa finalidade de dotalo de benestar, convivencia, modernidade e confianza no futuro”.

“Desde un posicionamento centrado, tolerante e con amplas dotes de sentidiño, celebramos este 25 de xullo desde unha terra que está demostrando ser máis acolledora que nunca, tanto para os fillos e netos dos nosos como para os que desde latitudes distantes buscan entre nós ese mesmo fogar que os nosos devanceiros atoparon sempre alén do mar. Por todos eles, por todos os galegos e galegas, e desde esta terra única, proclamamos un feliz Día de Galicia”, concluíu.

Alfonso Rueda Día de Galicia no Cabo do Mundo / PP

ÚLTIMAS

Quiroga acolle a exposición  “A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”

A mostra, que pode visitarse na Praza de España ata o 16 de setembro,...

A cuarta campaña arqueolóxica en Penas do Castelo revela novos achados con importante información

A campaña arqueolóxica en Penas do Castelo, parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón)...

Monforte acolle este 7 de setembro o XXIII Festival de Habaneras

O Festival de Habaneras alcanza as 23 edicións avalado polo éxito de público das...

Augas Mestas segue sen funcionar e o PP culpa a PSOE e BNG de “non ser capaces de manter o herdado”

Os deputados populares Antonio Ameijide e Luis Fernández visitaron esta semana o complexo turístico...