HomePolíticaO PP de Monforte demandará no pleno o correcto mantemento do Miradoiro...

O PP de Monforte demandará no pleno o correcto mantemento do Miradoiro do Duque

“Un dos puntos turísticos máis importantes de toda a Ribeira Sacra debería de estar en perfecto estado de revista pero, como sucede con todo en Monforte, o mantemento de instalacións municipais queda para outra ocasión”, afirman desde o PP.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A riqueza paisaxística de Monforte atrae cada ano a milleiros de turistas desexosos de admirar a beleza natural do municipio e da Ribeira Sacra. Unha beleza que, segundo os populates, debe ser admirada desde os miradoiros habilitados para tal fin pero que, no caso de Monforte, non están “correctamente conservados”.

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, pon como exemplo o Miradoiro do Duque, “unha magnífica infraestrutura renovada no 2019, grazas á colaboración entre o Concello e a Xunta, converténdoo nun referente na Ribeira Sacra e nun dos puntos turístico máis importantes para o municipio”.

Pero, pese a súa importancia, “non existe unha limpeza axeitada desta infraestrutura, ademais de carecer de elementos esenciais como bancos, que quizá desaparecesen por vandalismo, e non foron repostos”.

Un éxito, o destas infraestruturas, que debería facer pensar ao goberno local en “apostar por contar con máis elementos coma este”. “Monforte é un municipio cunha riqueza paisaxística suficiente como para que se traballe na creación doutro miradoiro para que todos os turistas que chegan ao municipio poidan admirar a beleza natural dende diferentes puntos”, explicou.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...