HomePolíticaA Deputación aproba por unanimidade reclamar da Xunta e do Estado a...

A Deputación aproba por unanimidade reclamar da Xunta e do Estado a revitalización do Regadío Val de Lemos

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade unha moción do BNG para reclamar investimentos e unha mellor xestión do regadío do Val de Lemos aos gobernos do Estado e da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz nacionalista, Daniel García, defendeu a proposta, na que marca como prioridades a renovación e limpeza das canles de regadío, a creación dun censo para a xestión eficiente dos cobros, a condonación da débeda ás comunidades de regantes e a realización dunha parcelaria ou agrupación de fincas nas zonas afectadas pola canle.

García reclamou que “o acordo do pleno se materialice nas decisións de socialistas e populares nas institucións en que gobernan e se desenvolvan as actuacións necesarias para aproveitar as oportunidades que ofrece o Val de Lemos para o sector primario”

A iniciativa no pleno da Deputación de Lugo súmase ás accións que o BNG ven desenvolvendo en relación con esta infraestrutura, presentando nos concellos, no Parlamento Galego ou no Congreso iniciativas para reclamar a atención das institucións sobre a problemática do Regadío do Lemos.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...