HomePolítica"Seguimos sendo vítimas nun territorio con servizos de quinta división", asegura Por...

“Seguimos sendo vítimas nun territorio con servizos de quinta división”, asegura Por Chantada ao non aprobarse dotar aos bombeiros de material para emerxencias acuáticas

Por Chantada Interior Galego Vivo levara a pleno unha moción para a mellora dos equipamentos na asistencia de emerxencias en ambientes acuáticos que foi rexeitada polo PP e coa abstención do PSOE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lamentan desde Por Chantada que PP e PSOE “tombaran as propostas consensuadas co corpo de bombeiros” e que visaban trasladar ás instituciós competentes as demandas de persoal e material que son necesarias para facer fronte a emerxencias acuáticas neste ámbito.

Tratábase, segundo o grupo municipal Por Chantada, de “trasladar á Deputación de Lugo, á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dependente da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta e ao Consorcio provincial de bombeiros, onde está Manuel Lorenzo Varela sen que serva para nada, unha serie de demandas consensuadas cos bombeiros urbanos”.

“Actualmente xa non é que haxa as mínimas garantías senón que os bombeiros vense impotentes sen un mínimo de material para actuaren en emerxencias acuáticas”, subliña Antom Fente, que engade: “é lamentábel que teñamos que seguir lamentando vítimas e sendo un territorio con servizos de quinta división cando pagamos impostos como o resto. Non queremos ser máis, mais tampouco menos ca ninguén”.

Consideran desde Por Chantada, “que é difícil de entender que non se atenderan as demandas que estaban consensuadas cos propios bombeiros” e lembran que “o tempo de resposta e a dotación de recursos e persoal suficientes son a diferenza entre a vida e a morte”.

“Salvar vidas e ter servizos públicos funcionais e eficientes é a prioridade máxima, por riba das verbedas ou das luces de Nadal que semella son a prioridade para cada vez máis alcaldes”, conclúen desde Por Chantada.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...