HomePolíticaInterior Galego Vivo insta aos alcaldes da Ribeira Sacra a esixir que...

Interior Galego Vivo insta aos alcaldes da Ribeira Sacra a esixir que a Xunta actúe con présa na crise de excedentes da Ribeira Sacra

"A nosa principal aposta é que se recoñeza a singularidade do viñedo tradicional de ribeira, e que este tipo de cultivo estea protexido e apoiado en maior medida, dada a fraxilidade do momento, cunha elevada media de idade das persoas produtoras e coa crise dos excedentes de viño tinto", explican desde IGV.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde IGV que acollen con moita preocupación a situación que están vivindo as persoas viticulturas da Ribeira Sacra, xa que moitas adegas estanlles comunicando que non lles recollerán a uva, “mentres medran os ruxe-ruxe de medidas desde a Xunta que pasan por subvencionar a distribución e as grandes adegas deixando os produtores sen unha normativa clara que garanta a recollida e o pago a prezos dignos”.

“Non hai futuro para a Denominación de Orixe e a Ribeira Sacra sen fixar poboación e sen paisaxe de ribeira cultivada de viñedo e, sobre todo, sen as xentes que a constrúen, non hai Patrimonio da Humanidade, só un parque temático con algún enclave turístico. Para evitar o abandono de terras e o despoboamento da zona, precisamos facer sustentábeis as actividades económicas, como a viticultura”, sinalan desde IGV.

Segundo a formación política a crise actual é moi grave e pode durar varias campañas, con máis dun millón de quilos que poden quedar sen recoller e centos de viticultores e hectáreas que poden rematar desaparecendo; polo que piden a implicación dos alcalde para presionar á Xunta.

“Debería ser coa PAC e desde a Xunta que se contribuíse con axudas directas a quen manteña superficie traballada en muras ou bancais, pero no inmediato é necesario que se pague aos viticultores por cada quilo de uva que se vai tirar. As medidas que supostamente vai lanzar a Consellaría de Medio Rural pasan por subvencionar a distribución, algo que só vai empiorar a situación nas próximas campañas ao tempo que favorecerá a especulación e a distorsión do mercado polo lado da oferta”, apuntan desde IGV.

Consideran tamén que se deben adoptar con urxencia dúas medidas complementarias:

  • Unha moratoria sobre novas plantacións ata polo menos 2027, suspendendo a Xunta as axudas a reestruturación de viñedo e substituíndoas por axudas para enxertar en verde e mudar a castes máis comerciais na demanda actual.
  • Unha zonificación rigorosa por parte do Consello regulador en función das parcelas catastradas e non de ámbitos parroquiais moi heteroxéneos, delimitando con claridade que parcelas poden producir uva dentro da DO Ribeira Sacra e incrementando os controis.

Por último, consideran necesario aumentar as campañas de promoción, que deben incidir no local e no mercado galego e non ollar só para o exterior, e dispor dunha estación de vixilancia con avisos metereolóxicos e fitosanitarios.

Medidas de IGV para próximas campañas

  • Axudas directas a colleiteiras e colleiteiros por manteren a paisaxe e o territorio vivos nunha viticulturaintensiva en mao de obra e de moi baixo redentemento. Estas axudas deberían facerse coa PAC e desde a Xunta, mentres que os concellos deberían estabelecer taxas turísticas en todo o xeodestino Ribeira Sacra para a mellora das infraestruturas.
  • A Consellaría de Medio Rural debe elaborar estudos de custe por subzonas da Ribeira Sacra para trasladar ao MAPA e dar cumprimento á Lei da cadea alimentar.
  • Poda en verde e baixar rendementos.
  • Destilación de crise solicitada ao MAPA e á Comisión en prazo, xa que este ano si se autorizaron para Chequia, Austria e Portugal con cargo ao orzamento da PAC.
  • Mellora da promoción, tamén orientada ao mercado galego, buscando a singularidade da DO Ribeira Sacra que non pode ser só sinónimo de mencía.
  • Estabelecer unha estación de vixilancia con avisos meteorolóxicos e fitosanitarios.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...