HomePolíticaO BNG denuncia que a atención primaria en Monforte quedou con 4...

O BNG denuncia que a atención primaria en Monforte quedou con 4 médicos de familia neste mes de agosto

O BNG de Monforte denuncia un novo colapso na atención primaria, “Os recortes do PP na atención primaria deixan a Monforte con catro médicos de familia en pleno agosto”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Denuncian os nacionalistas novos problemas de atención primaria de Monforte neste verán, “o que leva a estirar baixas, aumentar as persoas que acoden ás urxencias, demoras na atención de doenzas crónicas, e un longo percorrido de cambios sobre cambios nas citas que conducen a un mala atención sanitaria derivada da falta de planificación por parte do Sergas”.

Aseguran que de doce prazas previstas para Monforte, este venres estarán cubertas catro, ao que hai que engadir os permisos non cubertos no resto de persoal do centro e o importante aumento de poboación que se dá no verán na capital da Ribeira Sacra.

Á falta de persoal facultativo, hai que lle engadir o aumento de poboación na época estival, o que leva a continuas re-programacións de citas, que dificultan o traballo administrativo, e non evitan o colapso nos centros de saúde.

“Por moitas veces que se diga non deixa de ser sorprendente a falta de planificación, ou despois de xullo non vén todos os anos agosto? Pois o mesmo acontece cos permisos e xubilacións dos facultativos, ou co aumento de poboación en Monforte. O que é previsible, é evitable”, lembra Emilio J. Sánchez portavoz do BNG na Corporación Monfortina

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...