HomePolíticaO PP de Monforte presenta alegacións á ordenanza do Icio

O PP de Monforte presenta alegacións á ordenanza do Icio

A voceira popular, Katy Varela, sinala que as alegacións presentadas son relativas ao tipo impositivo e ás bonificacións xa que consideramos que “hai que fomentar a actividade económica e a rehabilitación no casco vello”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Monforte presentaron alegacións á ordenanza municipal fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras (Icio)

As alegacións presentadas polo Grupo Municipal Popular de Monforte son:

1º.- Artigo 6 relativo a cota tributaria. Esta agrupación considera e solicita que debe manterse o tipo do 2% e non subir a un 3% tal e como se pretende coa nova redacción da ordenanza.

2º.- Artigo 7 relativo as bonificacións. A pesar de que se sube a bonificación ata un 50% da cota do imposto nas obras de rehabilitación realizadas dentro da actual delimitación de Conxunto Histórico Artístico de Monforte de Lemos, esta agrupación considera e solicita que a bonificación neste caso sexa dun 100 % para potenciar a rehabilitación do casco histórico.

“Parécenos que José Tomé quere sacar dos petos de todos os monfortinos os cartos que xa non ten dos remanentes que xa gastou e como quere seguir gastando sen control quere sacar os cartos de todos os veciños”, afirma Katy Varela.

ÚLTIMAS

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...