HomePolíticaUnanimidade na Pobra do Brollón para demandar da Xunta mestres para o...

Unanimidade na Pobra do Brollón para demandar da Xunta mestres para o colexio

O goberno municipal convocou para este domingo 25, a instancias da ANPA do CEIP da Pobra do Brollón, un Pleno extraordinario para tratar os recortes previstos para o vindeiro curso escolar. O pleno contou con numerosa asistencia de público que posteriormente participaría na concentración convocada polo mesmo motivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No pleno BNG, PSdeG e PP votaron a favor da moción presentada pola ANPA deste centro de ensino. Posteriomente representantes das diferentes formacións políticas participaron da mobilización que remataría na área recreativa e á que asistiron as familias afectadas con seus fillos e fillas e persoas sensibilizadas coa situación do futuro educativo no rural.

Os recortes que a Xunta de Galicia pretende aplicar neste centro educativo no próximo curso 2024-2025, suporán contar cun mestre menos, por tanto, tres profesores para atender a 33 alumnos de Primaria que se dividirán en dúas aulas de 16 e 17 alumnos.

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, insistía en que “A administración autonómica ten que reflexionar e ver que esta situación non é xusta. Se queremos evitar a despoboamento e garantir a todo o mundo os mesmos dereitos, os servizos que se presten no rural deben ser iguais aos que se presten noutras vilas e cidades”.

Manifestación colexio da Pobra do Bollón / Facebook concello A Pobra do Brollón

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca destacaba, “Estas medidas, lonxe de solucionar os problemas existentes, contribúen a que moitas familias se vexan obrigadas a marchar cara outras zonas porque está afectando gravemente á calidade educativa e ao futuro das familias que deciden vivir no rural”.

“A educación é un dereito fundamental que debe estar garantido en condicións de igualdade, independentemente do lugar de residencia. Os recortes nos centros rurais, como o peche de unidades educativas, a redución de profesorado e a supresión do transporte escolar, son unha mostra clara da falta de compromiso da Xunta co rural”, afirmaron os socialistas.

Manifestación colexio da Pobra do Bollón / Facebook concello A Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...