HomePolíticaO PP esixe á Deputación dotar de seguridade a LU-P-5303 en San...

O PP esixe á Deputación dotar de seguridade a LU-P-5303 en San Lourenzo, Ribas de Sil

Os deputados populares Antonio Ameijide e Luis Fernández, acompañados da voceira popular en Ribas de Sil, Sandra Macía, comprobaron “o gran perigo” que entraña para os condutores a estrada provincial LU-P-5303, unha vía moi transitada e que carece, na maior parte do seu percorrido de biondas ou dos elementos de seguridade precisos para evitar a caída dun vehículo polos numerosos taludes que hai ao longo desta estrada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, o nulo mantemento das estradas provinciais que caracteriza a PSOE e BNG a fronte do goberno provincial converteu estas vías en puntos de gran inseguridade para os condutores, pero non só polas fochancas e o mal estado do pavimento, senón tamén pola “pasividade e a desidia de nacionalistas e socialistas á hora de preocuparse por repoñer ou dotar a estas estradas dos elementos de seguridade necesarios”.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, pon como exemplo a situación que se dá á altura do PK 10,900 na aldea de San Lorenzo, un punto no que hai varias casas a ambos lados da estrada pero que, nunha das súas marxes, as vivendas están a unha altura de varios metros por debaixo da carretera. “Vemos que neste punto hai unha caída de tres metros, aproximadamente, nunha zona na que a estrada é moi estreita e na que saen vehículos de ambas marxes, pero non hai ningún elemento que evite a caída dos coches”, explicou.

Ameijide recorda que se trata dunha vía perigosa xa que é moi estreita e sempre hai unha caída e é unha estrada moi transitada xa que ademais de dar acceso a varios núcleos de poboación e levar a varios miradoiros tamén dá servizo a unha canteira.

De feito, os veciños xa puxeron esta situación en coñecemento da Deputación de Lugo para pedir a colocación de medidas de seguridade, así como a limpeza das cunetas para garantir a correcta evacuación da auga, ademais da poda das árbores e o desbroce da maleza que invaden a carretera e numerosos puntos.

LU-P-5303 en San Lourenzo / PP provincial

Antonio Ameijide recorda que non se trata dun caso illado na provincia. “Hai uns días xa puxemos en coñecemento da Deputación a situación da LU-P-2804, en Lourenzá, unha estrada é moi empregada polos laurentinos xa que comunica este municipio con Mondoñedo e que presenta unha situación moi semellante”.

ÚLTIMAS

Completo programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e 15 de marzo

O sábado, 14 de marzo, a mostra abrirase co “III Congreso arredor do Aceite...

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...