HomePolíticaOs populares valoran positivamente o paquete de medidas de apoio á D.O....

Os populares valoran positivamente o paquete de medidas de apoio á D.O. Ribeira Sacra

Distintos representantes do Partido Popular analizaron o paquete de medidas de apoio á D.O. Ribeira Sacra, ante a situación de excedentes de viño tinto que atravesa, nunha reunión de traballo na que participou a responsable autonómica de Medio Rural, María José Gómez, a presidenta do PP da provincia, Elena Candia, o director de la Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, o delegado territorial, Javier Arias e a directora territorial de Medio Rural, Olga Iglesias;  xunto a alcaldes e portavoces da zona, o deputado no Congreso Francisco Conde, e as deputadas no Parlamento de Galicia pola zona sur Raquel Arias e Katy Varela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Os populares destacan entre as medidas, unha novidosa liña de axudas para a conservación da paisaxe que caracteriza este territorio, que lle dá forma a viticultura heroica. O Goberno galego destinará 2 millóns de euros de fondos propios para a conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra.

No paquete de medidas anunciadas polo presidente, Alfonso Rueda, atópase tamén unha maior formación e divulgación das oportunidades que ofrece a PAC para os viticultores en xeral, e en especial para os da Ribeira Sacra; unha nova orde de axudas de apoio para o acceso a préstamos de cara á recollida da uva; e a convocatoria da destilación de crise, para aquelas adegas que queiran acollerse, unha vez recibida a autorización pola Comisión Europea.

Sinalan os populares que estas medidas buscan apoiar a esta denominación de orixe ante a situación de excedentes de viño que está a vivir, e que é común a outras rexións vitivinícolas de España e de Europa debido ao descenso xeneralizado de consumo de viño tinto. A maiores, desde o PP de Lugo tamén animan “a analizar, no seo do Consello Regulador, outro tipo de medidas a medio prazo que permitan axustar oferta e demanda e explorar novas tendencias nos mercados, posto que será bo para esta DO, pero tamén para a conservación, crecemento económico e fixación de poboación neste territorio”.

Os populares subliñan a importancia do “traballo continuo de escoita aos distintos sectores produtivos da provincia e, neste caso, aos viticultores e adegueiros da Ribeira Sacra”. Así mesmo, destacan “a sensibilidade do Goberno galego coa viticultura heroica, que supón unhas condicións e uns custos de produción especiais”.

En canto á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO, desde o PP subliñan que “estas medidas, especialmente a da conservación da paisaxe, axudarán a reforzar a candidatura” tendo en conta que “a paisaxe ten un papel fundamental” na candidatura.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...