HomeEconomíaMantense o calendario de mobilizacións pola situación da D.O. Ribeira Sacra, "Só...

Mantense o calendario de mobilizacións pola situación da D.O. Ribeira Sacra, “Só o compromiso de recollida e prezo poden resolver o problema”

UUAA e SLG manteñen o calendario de mobilizacións acordado nas asembleas con viticultores celebradas ao longo destas semanas, que terá o punto de inicio cunha concentración en Monforte de Lemos, diante do Consello Regulador da DO, ás 12.00h do venres, 6 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unións Agrarias valora que se empecen a dar pasos por parte da Consellería logo de anuncio de mobilizacións por parte dos produtores, pero ve moi insuficientes a proposta anunciada. Para a organización agraria, e dado que o tamaño medio das explotacións acollidas a apenas supera os 6.000 m², coa proposta da liña de axudas anunciada apenas se alcanzarían aos 1.000 euros para os produtores con explotación en socalcos e os 500 euros para os outros, “Unha renda de todo punto insuficiente para pagar o traballo e os custes de produción de todo un ano, para os 2.134 colleiteiros repartidos nas 1.310 Ha que acolle a DO Ribeira Sacra”.

UUAA insiste en que os produtores precisan que se garanta a vendima polo que reclama que ademais de mellorar as axudas, se debe de actuar coas adegas para facilitarlles a liberación de stocks, o igual que se fixo durante a pandemia.

Unións Agrarias lamenta que a pesar das reiteradas chamadas de atención e peticións de intervención realizadas ao longo do último ano, a Xunta de Galicia non movera ficha para buscar solucións e garantir a rendibilidade e o futuro dun sector esencial para a economía da comarca debido ao forte vínculo existente entre a viticultura e a conformación da paisaxe, a conservación e a xestión do territorio e a orografía desta zona. O sindicato considera indispensable que produtores, adegas e administración vaian da man e traballen unidos para implementar as solucións que esta DO precisa a curto, medio e longo prazo.

En termos similares pronúnciase o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), que ante o anuncio da Xunta pregúntase, “se non hai compromiso de recollida, esta axuda que lles solucionaría ás 2.134 persoas viticultoras da Ribeira Sacra?, que se vai facer coa uva que quede sen vendimar?”.

O sindicato plantexa máis dúbidas, “Para que serve a destilación de crise se as adegas seguen comunicando que non recollen? As axudas para viticultoras/es van ser para quen vendeu uva tamén? Podería unha grande adega deixar de recoller a uva ás viticultoras/es, transformar a súa uva e recibir polos seus viñedos propios a axuda?”

Lembran que os custos de produción da Ribeira Sacra triplican os do Estado español, polo que consideran que os importes son moi baixos pola superficie media que teñen os viticultores. Tamén se queixan da tardanza con que se vaian a cobrar as axudas, “as persoas viticultoras levan facendo os gastos todo o ano e moitas poden quedar sen ingresos, o que pode levar ao peche”.

Na DO Ribeira Sacra están inscritas 1.310 hectáreas, 12.120 parcelas, 2.134 viticultores e 98 adegas. Para o SLG, “a medida imprescindíbel axeitada a toda a estrutura do sector é o compromiso de recollida da uva e prezo”. Solicitan xuntanza ca Consellería do Medio Rural a fin de poder aclarar as dúbidas e poder ter información máis detallada sobre a estratexia de actuación no seu conxunto. E insiste na convocatoria dunha Mesa do Viño con representación das organizacións sindicais para elaborar un plan integral de actuación para o sector vitivinícola galego que aborde as necesidades máis inminentes pero tamén actuacións a longo prazo.

ÚLTIMAS

Case 1M€ para mellorar a eficiencia enérxética de nove concellos da provincia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que acaba de resolverse unha nova...

Preséntase o proxecto definitivo da Piscina Municipal de Monforte

A renovación total da Piscina municipal conta cun investimento de 2.047.009,42 €, participado polo...

Concursos de outono na Escola Oficial de Idiomas de Monforte

A Escola Oficial de Idiomas vén de anunciar dúas interesantes actividades para dinamizar ao...

Este 22 de outubro Chantada recolle voces en lingua galega co Proxecto Nós

O Concello de Chantada colabora co Proxecto Nós, unha iniciativa que pretende que a...