HomePolíticaA exame os edificios públicos de Taboada

A exame os edificios públicos de Taboada

O PSOE de Taboada denuncia que nos edificios de titularidade municipal non se cumpre coa lei de accesibilidade.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo os socialistas, a Casa do Concello, a Casa da Cultura e o antigo cuartel dispoñen de elevadores que nunca funcionaron. Nestes espazos sitúanse as aulas de informática, a biblioteca, o ximnasio, danse clases de pilates ou spinning, ademais do local para a terceira idade, empregado a diario polos maiores do Concello para actividades lúdicas e culturais. Os usuarios destes servizos foron os primeiros que demandaron estas melloras.

A voceira do PSOE en Taboada destaca que “que varios veciños con problemas de mobilidade non poden acceder a estes edificios e participar nas actividades, deteriorando a súa calidade de vida”. Piden os socialistas unha solución inmediata para que a veciñanza non teña que convivir con barreiras arquitectónicas que repercuten negativamente no seu día a día.

Segundo a voceira socialista é fundamental atender as demandas e necesidades das persoas en situación máis vulnerable, “para que poidan desenvolverse da forma máis independente posible e ter unha vida sociable”.

Ascensor / PSOE Taboada

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...