HomePolíticaCal é o estado do Plan de Protección do Conxunto Histórico de...

Cal é o estado do Plan de Protección do Conxunto Histórico de Monforte?

Os populares de Monforte solicitan celebrar unha xunta de portavoces na que participen os redactores do Plan Especial para coñecer as modificacións que se teñen feito.

Publicado o

- Advertisement -

Para o PP é unha falta de respecto que o alcalde non teña informado aos grupos municipais sobre as modificacións realizadas no plan (PEPCHA). Segundo Julia Rodríguez “aprobáronse en xunta de goberno e, polo tanto, sen a participación do resto dos grupos da Corporación municipal”.

“Isto é unha mostra máis da actitude de desprezo do señor Tomé cara á oposición; pero tamén da súa incapacidade por consensuar nada, nin sequera un asunto tan importante como é este plan que afecta ao Conxunto Histórico-Artístico de Monforte”, engade Rodríguez.

A voceira popular tamén quere coñecer se se atenderon as alegacións presentadas, entre as que estaban as propias alegacións do PP. E interésanse polo estado de tramitación, cales son os trámites pendientes e cal e data prevista para a aprobación definitiva do plan.

ÚLTIMAS

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...