HomePolíticaIGV pide unidade ás alcaldías da Ribeira Sacra para esixir á Xunta...

IGV pide unidade ás alcaldías da Ribeira Sacra para esixir á Xunta acabar cos recortes educativos

Dende Interior Galego Vivo sinalan que "os nenos e nenas do interior non son números, precisan contar coas mesmas oportunidades." Estando na Ribeira Sacra, vemos que "un territorio que está na carreira por ser Patrimonio Mundial está abandonando o Ensino público: é hipócrita e indecente", sinalou Paula Vázquez Verao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O curso 2024-2025 inaugurouse na “Ribeira Sacra” con numerosos recortes educativos e en medio de protestas. “Estamos ante unha dinámica de fondo especialmente lesiva para o ensino rural galego: as modificacións legais de recuperación de horario tan necesarias para o profesorado de Primaria pretenden facerse desde a Xunta a custo cero e sen dotar de máis profesorado os centros, co cal se perde a calidade educativa”, sinalan desde Interior Galego Vivo.

En varios centros da zona incúmprense os acordos canto ás rateos de alumnado por aula, o que penaliza o conxunto do alumnado e, nomeadamente, a aquel que apresenta necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), pois o persoal de atención á Diversidade é tamén escaso.

Dende Interior Galego Vivo esixen ás alcaldías da zona que, ante esta situación, se planten ante a Xunta e exixan conxuntamente a fin dos recortes educativos, xa que vemos como “os alcaldes da Ribeira Sacra andan agudos para papatorias e festexos, pero pouco para solucionar os problemas reais do territorio”.

Presentarán mocións nos Concellos para solicitar á Xunta o cumprimento das rateos de profesorado acordadas no “Acordo de Melloras” de outubro de 2023 en todos os centros do interior galego, así como o aumento de horas para orientación e pedagoxía terapéutica nos centros de ensino do interior galego.

Dende IGV consideran que todas as Alcaldías dos Concellos do xeodestino “Ribeira Sacra” afectados por recortes deben facer unha fronte común en defensa de máis medios materiais e humanos no ensino rural e defender un Plan específico de ensino para o rural galego e un aumento do persoal de atención á diversidade nos centros de ensino público das comarcas da Ribeira Sacra.

Os recortes afectan, sobre todo, ao CEIP Eloísa Rivadulla en Chantada, ao CEIP Virxe do Carme de Sober, ao IES Río Cabe de Monforte de Lemos, ao CEIP da Pobra do Brollón e aos de Portomarín e Ribas de Sil, pero é unha problemática común en todos os centros a necesidade de máis persoal educativo. Asemade, no Courel tamén se presentan problemas co transporte escolar e vivimos tamén o peche de escolas rurais coma a de Vilariño de Conso.

Ademais de mobilizarse contra os recortes deste curso, tamén piden “un pacto político por un Plano Específico de Ensino rural e o reforzo da atención á Diversidade”.

ÚLTIMAS

Andaina guiada de Torbeo á Cubela organizada polos ‘Lactouros’

A xunta de Micoloxía "Lactouros", en colaboración con "Coureleando", convida a participar nunha andaina...

Raquel Arias preguntará no Parlamento polos seguintes pasos na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A popular destaca que “a candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra’ promovida pola Xunta...

13 medallas no Mondial des Vins Extremes para os viños da D.O. Ribeira Sacra

O Mondial des Vins Extrêmes, celebrouse no Val de Aosta, Italia, os días 29...

39.000€ para renovar o camiño do Teo en Parteme, Quiroga

Coa sinatura deste acordo, que ambos dirixentes materializaron no Pazo de San Marcos, a...