HomePolíticaO BNG volverá reclamar no Parlamento que se axilicen as obras da...

O BNG volverá reclamar no Parlamento que se axilicen as obras da LU-651 e se garanta a seguridade no transporte escolar do Courel

O deputado do BNG, Iago Suárez, denuncia a "situación lamentable" que sofre o servizo de transporte escolar no Concello de Folgoso do Courel por mor do "terrible e perigoso" desvío polo que deben pasar os autobuses a causa do derrubamento da LU-651 hai xa máis de dous anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado da comarca visitou esta semana o CEIP Poeta Uxío Novoneyra para falar coa comunidade educativa e comprobar de primeira man o mal o estado do desvío alternativo á LU-651, a estrada que une os dous núcleos de poboación principais do concello, Folgoso e Seoane, que se derrubou por causa dunha canteira de lousa no lugar en marzo de 2022. Desde entón, destaca, o Goberno galego promete cada certo tempo o seu arranxo “mais a situación segue exactamente igual”.

Iago Suárez xa levou ao Pleno do Parlamento esta situación no pasado mes de xuño, a través dunha pregunta á conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que na súa resposta asegurou entón que o obxectivo era restabelecer o tráfico da LU-651 antes do inicio do curso e “ter toda a obra rematada para o outono”. A situación actual demostra que “o desleixo e o desprezo á poboación do Courel parecen non ter límites”, considera Suárez.

Considera que se chegou a un punto “esperpéntico”,  xa que hai uns días o bus escolar pinchou un dos seus pneumáticos, algo “nada sorprendente dado o estado do desvío polo que ten que pasar”, asegura Suárez. O pinchazo do bus provocou que as cerca de 30 crianzas que usan o transporte escolar tivesen que ir a pé até o colexio.

Con estes antecendente o BNG volverá presentar no Parlamento iniciativas para reclamar que se axilicen as obras e se garanta a seguridade no transporte escolar dos nenos e nenas do Courel e da poboación en xeral.

Iago Suárez estrada Courel / BNG

ÚLTIMAS

Completo programa teatral para este outono en Ribas de Sil

A Concellería de Cultura do Concello de Ribas de Sil ofrecerá de outubro a...

Compromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, referendou o compromiso da...

Só a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente os datos do paro...

O BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

O BNG considera necesario que nesta vendima de 2024 as axudas cheguen directamente ás...