HomePolíticaAdolfo Rubio espera conseguir unha alcaldía socialista na Pobra do Brollón para...

Adolfo Rubio espera conseguir unha alcaldía socialista na Pobra do Brollón para as próximas municipais

O Partido Socialista da provincia de Lugo celebra a constitución da nova Agrupación Socialista da Pobra do Brollón, "un paso importante que representa o compromiso coa veciñanza deste municipio", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao acto de constitución da nova agrupación asistiu a Secretaria de organización na provincia de Lugo, Pilar García Porto, e o voceiro da Agrupación, Adolfo Rubio, que destacaron a relevancia desta nova etapa para o socialismo na comarca. Os membros da nova executiva da Agrupación Socialista da Pobra do Brollón ocuparán os seguintes cargos:
Secretario Xeral: Adolfo Rubio Pascual
Secretario de Organización: Javier Quiroga Castro
Secretaria de Política Municipal: Tamara Rodríguez Pérez

Adolfo Rubio Pascual, recentemente elixido Secretario Xeral, manifestou a súa ilusión e determinación por liderar un proxecto que ten como principal obxectivo acadar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. “Queremos traballar man a man coa veciñanza da Pobra do Brollón para mellorar os servizos e a calidade de vida. Este é un obxectivo alcanzable e estamos convencidos de que, coa nosa entrega e esforzo, poderemos ofrecer un proxecto sólido e ilusionante para o noso concello”, afirmou Rubio Pascual.

A Agrupación Socialista da Pobra do Brollón arrinca con forza e co obxectivo claro de conquistar a alcaldía, “unha meta que sería altamente beneficiosa para a veciñanza dada a boa sintonía entre o proxecto socialista local, o Goberno de Pedro Sánchez e a Deputación de Lugo”, afirma Rubio, quen tamén que esta colaboración pode traducirse en proxectos concretos e melloras importantes para o municipio, entre as que sobresae a aposta decidida da Deputación de Lugo coa construción dun novo Centro de Atención a Maiores na Pobra do Brollón, “Esta infraestrutura será clave para garantir o benestar dos nosos maiores, ofrecendo atención de calidade e servizos esenciais para as familias do concello”.

Dende o PSdeG, amósanse convencidos de que o traballo conxunto e o diálogo coa veciñanza serán as claves para lograr os obxectivos marcados, e confían en que a nova Agrupación Socialista da Pobra do Brollón sexa un axente activo de cambio positivo, en consonancia coas políticas progresistas e comprometidas co benestar cidadán.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...