HomePolíticaO PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

O PP de Monforte deu comezo ao curso político cunha xuntanza con afiliados e simpatizantes e na que tamén participaron a presidenta provincial, Elena Candia, e o voceiro do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo o ciclo da auga o principal problema a solucionar en Monforte. A presidenta do PP de Monforte, Katy Varela, explicou que “todos os monfortinos estamos fartos das constantes mentiras de Tomé co abastecemento de auga xa que se nega a dar solución aos problemas co subministro que temos todas as semanas”, sinalou.

“Temos que ser moito máis esixentes co goberno de Tomé. Está a vivir de rendas o que evidencia que carece de proxecto de futuro para Monforte”, explicou. “Urxe potenciar o desenvolvemento demográfico e económico do municipio”, sentenciou.

Mellores servizos ferroviarios

Elena Candia e Antonio Ameijide coincidiron en que tamén é necesario recordar á cidadanía “a falta de compromiso de José Tomé coa chegada do Ave á provincia. A realidade é que a alta velocidade estaba comprometida no goberno de Mariano Rajoy para a provincia, con datas concretas e investimentos programados, pero a chegada de Pedro Sánchez ao Goberno do Estado provocou a supresión das variantes previstas (Rubián e Peares-Canabal) polo que é imposible que os trens poidan circular a altas velocidades”.

“Temos que seguir reclamando os mesmos servizos ferroviarios que hai no resto de Galicia e nas provincias da contorna, xa que o que está a facer Pedro Sánchez é manter a Lugo como a provincia máis illada de España”, denunciaron.

Durante a xuntanza, Katy Varela animou a todos os afiliados a traballar para aumentar o masa social do PP de Monforte ademais de para seguir mellorando o municipio.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...