HomePolíticaO BNG de Pantón considera que a Deputación maltrata ao Concello ante...

O BNG de Pantón considera que a Deputación maltrata ao Concello ante o abandono das estradas provinciais

“A falta de mantemento da rede de estradas provincial no concello de Pantón é perigosa, e supón un prexuízo para a poboación e os negocios do noso concello” denuncian dende o BNG de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacionalistas aseguran que levan meses rexistrando peticións no Concello e na Deputación para emprazar a ambos os gobernos a cumprir coas obrigas que teñen de manter a rede viaria en condicións de seguridade, pero “o concello de Pantón leva sen convocarnos a Pleno dende abril, e a Deputación debeu esquecer que Pantón é un municipio que pertence á provincia de Lugo, estamos en outubro e non se rozou de maneira integral ningunha estrada provincial no municipio de Pantón” lembran dende o BNG de Pantón.

Os nacionalistas amosan o desgusto e a sorpresa polo “maltrato que reciben” do ente provincial en materia de estradas. “Facemos un chamamento especial ao Presidente da Deputación, que é o responsable de Vías e Obras, para que o Departamento que dirixe cumpra coa poboación da provincia de Lugo, no concreto coa de Pantón porque non falamos de estética, falamos de seguridade vial e de calidade de vida. Estamos en Outono e os arredores seguen sen rozarse, intolerable”, conclúe Rosana Prieto.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...