HomePolíticaMáis dun millón de euros destinou a Deputación a Monforte neste ano,...

Máis dun millón de euros destinou a Deputación a Monforte neste ano, o PP critica a Tomé por discriminar ao resto de concellos

O Grupo Provincial Popular condena que “medre a insolidariedade e a discriminación do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé” cos concellos da provincia; tras aprobar o ente provincial en xunta de goberno un novo convenio co Concello onde el é alcalde e a través do cal se verá beneficiado doutros 412.500€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran os populares que no pasado mes de abril o presidente asinara, por decreto, outro convenio co Concello de Monforte por 600.000€, chegando xa, no que vai de ano, a 1.012.500€ “en convenios a porta pechada”.

“Tomé dirixe máis fondos da Deputación a Monforte de Lemos a dedo a través de convenios -máis de 1M€- que pretende subir durante os catro anos de mandato ao Plan Deputación para repartir entre tódolos Concellos, baixo criterios algo máis obxectivos”, subliña o portavoz, Antonio Ameijide. Ao que hai que engadir que dos 250.000€ que anunciou que aumentaría cada ano, Monforte de Lemos é un dos 5 concellos da provincia que recibiu 50.000€ máis este ano con respecto ao anterior. Moi xusto coa totalidade dos concellos da provincia non parece”, incide.

O popular sinala que entre as competencias propias da Deputación atópase a cooperación cos Concellos máis pequenos, “pero o goberno provincial actúa con sectarismo gobernando só para os seus porque só colabora con Concellos gobernados por PSOE ou BNG”.

E, máis concretamente, Ameijide afea que “priorice ao Concello onde é alcalde Tomé por riba do resto de concellos da provincia que tamén precisan a colaboración do ente provincial e, a pesar de que lles trasladan as súas necesidades, non son escoitados”. Isto supón “unha clara discriminación aos veciños e veciñas do resto de municipios da provincia”.

Ameijide subliña que “PSOE e BNG continúan a empregar a Deputación de Lugo como a súa chequeira particular”. Os populares xa acusaran a Tomé en abril de pensar unicamente en Monforte despois asinar “un convenio consigo mesmo e ás présas, sen pasar por xunta de goberno para que o revisasen e opinasen o resto de deputados”.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...