HomePolíticaO BNG de Monforte pedirá no pleno un informe sobre as roturas...

O BNG de Monforte pedirá no pleno un informe sobre as roturas na rede de saneamento

O concelleiro nacionalista, Emilio Sánchez, pide tamén que “a empresa concesionaria repare de inmediato, unha vez amañadas as avarías, a vía pública”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Monforte asegura que as rupturas na rede de saneamento son continuas, “Nas últimas datas, estas avarías incrementáronse dun xeito inasumíbel, para o que se entendería normal nunha vila como a nosa, a segunda en importancia da provincia de Lugo”.

Destacan que as rupturas prodúcense practicamente nos mesmos sitios e consideran que a empresa concesionaria tarda en solucionalas, “Por se estes continuos cortes de abastecemento non foran abondo molestos e inexplicábeis, desde o BNG de Monforte de Lemos, consideramos que o tempo que a empresa concesionaria do servizo de augas municipal, tarda en volver deixar a vía pública en óptimas condicións, constitúe unha auténtica falta de respecto para coa veciñanza”. A este respecto sinalan o estado da rotonda que se dirixe a Reigada e ao Porto Seco.

Desde o BNG de Monforte de Lemos solicitan:

  • Instar á empresa concesionaria da auga, a elaborar un informe técnico, no que se recolla o número e porqués das innumerábeis rupturas da rede de abastecemento de cara a artellar unha estratexia para que non se repitan.
  • Instar á empresa concesionaria, a que repare de inmediato, unha vez amañadas as avarías, a vía pública.

Anuncian desde o BNG que o concelleiro Emilio Sánchez, visitará nos próximos días a Estación de Tratamento de Auga Potábel de Monforte, para interesarse polo seu estado e funcionamento.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...