HomePolíticaAxudas concedidas para reducir a xornada laboral e favorecer a conciliación

Axudas concedidas para reducir a xornada laboral e favorecer a conciliación

A Xunta informa das achegas que se destinan este ano a familias monoparentais e homes traballadores que as solicitaron tras acollerse á redución de xornada para coidar dos seus fillos e fillas entre os anos 2017 e 2018.

Publicado o

- Advertisement -

Na provincia de Lugo hai 15 beneficiarios, aos que se lles concederon achegas por un importe global de 33.600 euros. Do total dos expedientes subvencionados, 6 dos solicitantes son homes e as 9 restantes, mulleres.

A convocatoria desta axuda, tras resolución da Secretaría Xeral de Igualdade con data 15 de maio de 2018, tiña como finalidade fomentar a corresponsabilidade familiar e favorecer a conciliación da vida familiar, laboral e persoal. A contía oscila entre os 1.700 e os 3.700 euros e determínase en función da porcentaxe da redución da xornada e a súa duración, e do número de fillos a cargo da persoa solicitante. 

As achegas recaerán en homes ou familias monoparentais que se acolleran á medida da redución da xornada entre o 1 de xuño de 2017 e o 30 de xuño de 2018 tendo ao seu coidado fillos ou fillas menores de 3 anos, ou menores de 12 naqueles casos nos que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

As persoas beneficiarias das achegas teñen ata o día 26 de decembro como data límite para presentar a documentación xustificativa requirida e así poder percibir os importes que lles correspondan.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, salientou que as medidas para fomentar a corresponsabilidade e favorecer a conciliación son prioritarias para o Goberno galego e que aumentaron un 25% respecto á anterior convocatoria. O orzamento global dirixido na comunidade a estas axudas, cofinanciadas co Fondo Social Europeo (FSE) nun 80%, ascendeu a 554.000 euros.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...