HomePolíticaDesde o 1 de xuño sen plenos no Concello de Ribas de...

Desde o 1 de xuño sen plenos no Concello de Ribas de Sil

O Partido Popular de Ribas de Sil móstrase crítico co alcalde ao levar desde o pasado 1 de xuño sen convocar ningún Pleno. A Lei Reguladora das Bases do Réxime Local establece, no seu artigo 46.1, que o Pleno celebra sesión ordinaria como mínimo cada tres meses nos Concellos de ata 5.000 habitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran os populares que ao comezo da actual lexislatura todos os grupos políticos con representación na Corporación municipal acordaron que as sesións plenarias de carácter ordinario se celebrarían cunha periodicidade de dous meses.

“Polo tanto, o alcalde está a incumprir, por un lado, a lexislación vixente e, por outro lado, os seus propios acordos de celebrar os Plenos cada dous meses o cal é unha falta de respecto non só aos concelleiros da oposición senón, sobre todo, a todos aos veciños e veciñas de Ribas de Sil”, sinala a voceira do PP, Sandra Macía.

“Con isto o goberno socialista está a vulnerar o noso dereito de participación política, a nosa función de oposición impedindo que fagamos propostas e fiscalizar a súa acción de goberno, e demostra a súa falta de transparencia e de ganas de traballar a prol dos ribasilenses”, continúa a popular.

Así, o Partido Popular de Ribas de Sil solicita ao rexedor socialista que convoque, á maior brevidade posible, o seguinte Pleno ordinario e que respecte tanto a lei como a periodicidade acordada das súas celebracións.

ÚLTIMAS

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...