HomePolíticaO PP de Monforte pedirá en pleno solucións aos problemas de saneamento...

O PP de Monforte pedirá en pleno solucións aos problemas de saneamento na Compañía

Os concelleiros do PP de Monforte defenderán unha moción no pleno deste mes para que o goberno local cumpra os compromisos adquiridos e “dunha vez por todas” se executen os traballos necesarios para solucionar os problemas de saneamento do vertido na Compañía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, sinala que “os monfortinos xa estamos fartos de promesas que leva o vento” e que “este problema de saúde pública” precisa dunha urxente solución por parte do Concello de Monforte.

Katy Varela recorda como o 11 de setembro de 2023, o goberno de José Tomé anunciaba o comezo da da 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte, correspondentes ao proxecto de actuacións que o organismo de conca executará en varios colectores da cidade, concretamente, na galería baixo a Praza da Compañía e na rúa Carude, no colector das Malloadas e rúa Concepción Arenal, na rúa Rosalía de Castro e no Morín, na rúa Doutor Casares e na prolongación de Xoan Montes.

Recorda a voceira popular como o propio alcalde anunciara que con eses traballos se “ían a subsanar as infiltracións que sobrecargan a rede e os alivios de augas residuais e abórdase tamén nesta mesma actuación, a mellora da rede de saneamento de varias rúas, por estar en mal estado na maioría dos tramos, causando un funcionamento deficiente”.

Saneamento Compañía / PP Monforte

Explican os populares que no pasado pleno do 29 de abril aprobouse a solicitude de cambio de actuacións en convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, unha modificación que implicaba que os cartos destinados a arranxar o problema na rede de saneamento na zona da Compañía e os vertidos que se producen nesa zona, se inverterían noutra actuación, en concreto no Rego do Arroxo, “deixando por tanto sen arranxo o grave problema existente cos vertidos na zona da Compañía, o que pode repercutir moi negativamente na salubridade das augas do río Cabe”.

“Vemos como o que máis lle gusta a José Tomé é facer anuncios nos medios de comunicación e sacar unha foto, pensa que con iso xa o ten todo feito, pero os monfortinos queremos e precisamos feitos, como a urxente subsanación do problema de saneamento na Compañía da que hai ningún indicio de que se teña pensado realizar a curto prazo”, lamenta Varela.

ÚLTIMAS

Este Nadal volve ‘o Tren do CCU’ para ver a Papá Noel en Monforte

Volven as visitas a Papá Noel no Tren do Centro Comercial Urbano de Monforte...

Comeza a andar un novo Obradoiro de Emprego de Xardinaría en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

Este Obradoito Dual de Empreo está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de...

“O perpetuo movemento da creación” no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Cristina Vázquez, nacida en Barcelona en 1973, estudou arte, deseño de moda e patronaxe....

Sober convoca 4 certames de Nadal

O Concello de Sober vén de anunciar catro concursos para fomentar a participación da...