HomePolíticaA concelleira, Marián Martínez, incorpourouse este martes ao equipo de goberno da...

A concelleira, Marián Martínez, incorpourouse este martes ao equipo de goberno da Pobra do Brollón

Este mediodía celebrouse un pleno extraordinario do Concello da Pobra do Brollón para a toma de posesión da concelleira, Marián Martínez. A incorporación chega tras a xubilación do ex-concelleiro Manuel González Moreira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Marián Martínez de 43 anos é administrativa de profesión, traballou tanto no sector privado como no público, feito que lle fai boa coñecedora do funcionamento interno das administracións.

A nova concelleira é unha veciña moi activa na vida comunitaria do municipio, alumna da Escola municipal de Música Samoeiro, seguidora do C.D. Brollón e en xeral, partícipe da actividade cultural da Pobra.

Estará ao fronte da concellaría de Educación e Cultura. Na toma de posesión, Marián Martínez afirmou que “asumo esta responsabilidade con moita ilusión por poder contribuír a incrementar a calidade de vida na Pobra do Brollón, e con moito agradecemento pola confianza tanto do equipo de goberno como da veciñanza”.

“Coa esta incorporación progresamos nesta etapa de renovación da corporación municipal”. declara o alcalde, Xosé Lois Maceda, “Marián representa unha nova xeración comprometida e con ganas de mellorar o futuro da Pobra do Brollón”.

Marián Martínez / Concello A Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...