HomePolíticaO PP de Monforte solicita ao Concello un Plan de Actuación ante...

O PP de Monforte solicita ao Concello un Plan de Actuación ante posibles inundacións

Katy Varela explica que son habituais as inundacións cando chove con certa intensidade e que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, mediante resolución do 18 de Outubro de 2024, a través do Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia (Inungal), considera que Monforte de Lemos “ten risco potencial significativo de inundación”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros do PP de Monforte defenderán no pleno que o Concello de Monforte elabore un Plan de Actuación municipal ante posibles inundacións de cara a que “o municipio estea o mellor preparado posible ante posibles fenómenos deste tipo, xa que, Monforte é unha cidade que adoita anegarse cando chove con certa intensidade”.

Así o explica a voceira popular, Katy Varela, que especifica que sería axeitado que este plan establecese as zonas do concello e os elementos vulnerables en función do risco potencial de inundacións. Tamén debería contemplar os procedementos de información e alerta aos monfortinos e sinalar a estrutura e os procedementos de intervención ante unha emerxencia e que se definan os medios e recursos específicos para mobilizar en caso de unha emerxencia.

Monforte de Lemos é, segundo a CHMS, a segunda área hidrolóxica con máis tramos de río, máis de 60 quilómetros, en zona de risco de inundacións na conca do Miño-Sil. “Todos os monfortinos recordamos diferentes casos de inundacións ocasionadas polo desbordamento do río Cabe, normalmente consecuencia de episodios de altas precipitacións que provocan o desbordamento, polo que é mellor estar previdos”, sinalou, Katy Varela, que asegura que “se sumamos deficiencias na rede de saneamento e falta de limpeza de cunetas e desaugues podemos sufrir inundacións en calquera punto do noso municipio”.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...