HomePolíticaO PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

A voceira do PP, Katy Varela, celebra o anuncio do alcalde para a mellora da rede abastecemento; pero asegura que “estaremos vixiantes de que realmente se cumpra, xa que este alcalde ten anunciado outros proxectos que aínda están pendentes”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa insistencia con este tema, pois tanto os propios monfortinos como o Partido Popular levamos anos reclamando o arranxo deste grave problema que padecemos os veciños con tubaxes en moi mal estado que deixan sen auga a moitos veciños e veciñas en múltiples ocasións”. Polo tanto, “agardamos que non quede en papel mollado”.

Con todo, dende o PP subliñan que “agora o alcalde recoñece esta realidade inadmisible da que levamos tempo advertindo” e que, polo tanto, “hai anos que debería ter xestionado”.

A portavoz lembra outros anuncios incumpridos por José Tomé, como a construción dunha ponte nova ou unha praia fluvial, “pero aínda nada se sabe”. Tamén fai referencia a un cartel na Compañía anunciando unha inversión de 1,7M€  “para arranxar os vertidos desa zona cando xa dixo, aínda que coa boca pequena, que finalmente non se iba a realizar”.

Varela incidiu en que “estaremos expectantes de que todos os anuncios que fai o alcalde se cumpran adecuadamente e non estea anunciando sempre o mesmo sen executar como fai con outros convenios que firma e prorroga cada ano”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...