HomePolíticaA76, a polémica continúa

A76, a polémica continúa

O trazado do A76 leva anos provocando enfrontamentos, o último vén dado pola proposta dos alcaldes de Monforte, O Barco e Ponferrada de levala por Chantada para salvar os Peares. O PP esixe que se manteña o trazado como está para non provocar máis demoras.

Publicado o

- Advertisement -

O Partido Popular de Monforte vén de presentar unha moción instando ao Concello a que rexeite calquera proposta que implique “demorar ou non completar a execución da A-76 entre Ponferrada e Ourense, pasando por Monforte”. Os populares levan a Pleno esta moción, ante o anuncio do alcalde no que daba a opción de levar a A76 por Chantada para salvar o paso polos Peares e non afectar á posible declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

A moción dos populares recolle “propoñer que a A-76 chegue unicamente a Monforte, para volver despois sobre unha posible autovía que una a nosa cidade con Chantada, coa expectativa de que se conecte coa infraestrutura Lugo-Ourense, é máis rebuscado e dificultoso que a idea sobre a que se leva anos traballando, que non é outra que comunicar Monforte con Ourense e Ponferrada, de modo directo por autovía”.

Para o PP é “inaceptable” que o alcalde propoña renunciar a unha infraestrutura viaria que permitiría conectar Monforte con Ourense por autovía e no seu lugar opte polo impulso da autovía entre Lugo e Ourense, que deixará aos monfortinos sen unha conexión directa coa capitalidade ourensá. 

Julia Rodríguez co seu equipo. Fonte: PP Monforte

Para a voceira popular, Julia Barreira, a proposta dos alcaldes de Monforte, Ponferrada e O Barco, duplica a distancia entre Monforte e Ourense e supón renunciar a unha conexión directa coa capital de Ourense, afectando non só a Monforte, senón a todo Valdeorras Para a popular “compre que o Ministerio de Fomento siga a avanzar na redacción e execución dos proxectos do trazado que se teñen definido entre Ponferrada e Ourense, por tramos, sen prexuízo das correccións necesarias para salvar as dificultades xurdidas nos Peares”. Considera necesario rexeitar calquera proposta dirixida a demorar ou non completar a execución da A-76 entre Ponferrada e Ourense por Monforte.

Tamén o PP leva a pleno este asunto en Pantón. Segundo José Luis Álvarez, alcalde de Pantón, os rexedores de Monforte, Ponferrada e O Barco non son quen para buscar alternativas ao trazado da A 76 e non contar co resto dos concellos afectados entre os que estaría Pantón.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...