HomePolíticaO PP de Monforte esixirá no pleno maior atención á limpeza de...

O PP de Monforte esixirá no pleno maior atención á limpeza de parroquias e barrios

Os concelleiros do Grupo Municipal de Monforte defenderán no pleno un rogo para pedir ao goberno local que amose “maior preocupación” pola limpeza das rúas que non forman parte do centro urbano, así como daqueles elementos do mobiliario público destas rúas que, en moitos casos, están sen limpar desde fai moito tempo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, sinala que “son moitas as queixas que recibimos de veciños destas zonas” alertando de que “a limpeza brilla pola súa ausencia, motivo polo que amosaron o seu malestar”.

Ademais, dende o Grupo Popular insistirase para que o goberno de José Tomé facilite á maior brevidade a documentación bancaria solicitada que aínda non se puxo a disposición dos concelleiros populares. Documentación que piden se complemente con copia e acceso aos extractos bancarios de contas correntes, préstamos e pólizas de crédito, desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

Finalmente, Katy Varela recorda que tampouco se puxeron a disposición os expedientes dos contratos menores. “Vemos como a falta de transparencia segue a ser a sinal de identidade do señor Tomé”, rematou.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...